O presente curso monográfico ofrece unha reflexión acerca da transversalidade entre dúas disciplinas artísticas, a moda e a pintura, a través da obra dunha serie de artistas ás que chamamos “evanxe
- Inicio
- Busca
Busca
Cada nova edición do curso Intrahistorias da arquitectura pretende achegarnos á arquitectura e ás súas derivadas dun modo diferente.
Volvemos cunha nova edición dos talleres para familias no CGAC e continuamos o percorrido polo mundo a través da arte e das culturas de distintos países.
Catálogos de sopro, respiración e asubío, estudo obsesivo e recorrente da difusión do aire do compositor Ramón Souto (España, 1976). Así dá comezo, co motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, a nova edición de Música e arte. Correspondencias sonoras, un encontro entre a música e a arte do noso tempo no que teñen cabida todas as expresións creativas actuais co obxectivo de dar a coñecer as estéticas máis avanzadas, os compositores máis destacados do novo panorama musical e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música.
Nalgures sitúanos nunha indeterminación que está por definir, no interior dunhas xeografías fragmentarias: lugares, vestixios, modos de ocupación.
A arquitectura e o urbanismo contemporáneos son os grandes descoñecidos da cidade de Compostela.
O museo como escenario reivindica o papel das arquitecturas de exhibición artística como lugares para a experimentación e nos que poder situarse entre a proximidade da performance, a capacidade inmersiva das propostas escénicas, as instalacións, o happening e a sonoridade de vangarda.
Nodos e visións. Como imaxinas o final? repasa algúns puntos esenciais da obra da coreógrafa e artista visual asturiana Olga Mesa. En diálogo con Nekane Aramburu, ambas confrontarán ideas e imaxes desde a práctica creativa e a teoría da arte.
O Centro Galego de Arte Contemporánea convoca
Raniero Fernández (Vigo, 1909 - 1999) realiza, durante as décadas cincuenta e sesenta do século pasado, unha interesante obra fotográfica que, co paso do tempo, adquiriu gran relevancia.
Para celebrar o 18 de maio, Día internacional dos Museos, este ano o ICOM propón como lema “O poder dos museos”. O seu obxectivo é subliñar o potencial transformador dos museos nas súas comunidades. Os museos como lugares de formación, descubrimento, investigación e encontro, e como foros de intercambio cultural e de coñecemento.
Neste ano 2022 o CGAC colabora de novo na produccion da terceira edición do festival de artes performativas Plataforma que terá lugar entre o 9 de maio e o 18 de xuño.
Un ano máis o CGAC presenta unha oferta de talleres para o tempo de lecer que se desenvolverán ao longo do mes de xullo. Unha proposta chea de actividades dirixidas ao público de todas as idades co obxectivo de espertar a curiosidade e o interese polo contorno máis inmediato dando renda solta ás súas enerxías creativas.Este ano centrarémonos especialmente nos procesos de creación a través do audiovisual traballando con tabletas, cámaras de vídeo e material fílmico xa gravado. Namentres, os máis pequenos experimentarán cos materiais, a forma, o volume, o movemento e as cores.
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e a S. A. de Xestión do Plan Xacobeo presentan unha exposición titulada Transtempo, e constituída por unha selección de imaxes de Cristina García Rodero tomadas en terras galegas entre 1974 e a actualidade. A través deste conxunto de fotografías a artista ofrece, por primeira vez de xeito estruturado, a súa persoal visión dunha Galicia intemporal, onde a relixión e os ritos pagáns se entrelazan nun relato que atravesa varias xeracións.
Este verán, os Talleres de lecer serán un observatorio do corpo para os nenos e as nenas.
Exploraremos unha exposición do CGAC por cada franxa de idade, ao longo de catro días cada unha, da man da creadora escénica e escritora Helena Salgueiro. Centrarémonos no corpo e en como este, mediante a arte e a linguaxe, nos axuda a observar e a descubrir cousas acerca de nós mesmos e tamén acerca dos demais.
