O CGAC adquiriu en 2017 o arquivo fotográfico de Camilo José Cela, que ata ese momento estaba depositado na Fundación Camilo José Cela en Iria Flavia, en Padrón.
- Inicio
- Busca
Busca
O CGAC, en colaboración co C3A de Córdoba, presentará en 2021 a primeira mostra retrospectiva da compositora estadounidense Pauline Oliveros (Houston, Texas, 1932-‐2016).
O poder das imaxes, dos símbolos, da icona, pero tamén a representación política da historia, as súas manipulacións e omisións, son cuestións sobre as que se reflexionou de forma abundante desde a
WOSINC é un encontro de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal pero cunha clara vocación multidisciplinar, promove, a partir dun contexto íntimo, a procura e difusión de novas propostas culturais.Música, artes visuais, cinema, artes escénicas, coloquios, conferencias e gastronomía danse cita do 7 ao 11 de setembro en dez espazos emblemáticos de Santiago de Compostela.
O primeiro sábado de cada mes organizamos unha visita arredor da arquitectura e a historia do CGAC. Durante o transcurso destas visitas falarase do deseño de Álvaro Siza Vieira e da súa estreita relación formal e conceptual co parque de Bonaval e coa cidade que o acolle.
O CGAC ofrece visitas guiadas gratuítas ás súas exposicións temporais de martes a venres de 11:00 a 13:00 horas. Este servizo ten como finalidade estimular o interese pola creación artística contemporánea e facilitar a comunicación entre o espectador e as obras de arte.
David Lamelas (Bos Aires, 1946) é unha figura clave da arte conceptual e un dos grandes protagonistas da escena artística arxentina na década dos sesenta. Desde os inicios, a súa obra distinguiuse por unha singular capacidade camaleónica para se adaptar a distintos contextos, xa fosen artísticos, arquitectónicos, xeográficos ou sociais, en capitais como Londres, Bruxelas, París, Milán, Los Angeles, Nova York ou Berlín.
Camiños é un proxecto que aborda o feito de camiñar, andar, pasear e a vivencia do camiño, do vagar, do itinerario e da peregrinación como fenómenos e experienci
Camiños é un proxecto que aborda o feito de camiñar, andar, pasear e a vivencia do camiño, do vagar, do itinerario e da peregrinación como fenómenos e experiencias artísticas.
Un ano máis o CGAC colabora co festival internacional de cine Curtocircuíto na súa 13ª edición. O festival naceu en Santiago de Compostela no ano 2003 como unha iniciativa do concello da cidade coa intención de potenciar a creación cinematográfica no ámbito da curtametraxe.
Nesta exposición móstranse, xunto ás obras do proxecto realizado expresamente, unha selección de imaxes procedentes doutros proxectos desenvolvidos en España, unha serie de proxectos internacionais e por primeira vez todo o conxunto de obra seriada producido por Hamish Fulton ao longo da súa traxectoria artística.
Adoita pensarse a utopía como unha quimera, como unha proxección irrealizable desde un presente escuro cara a algún futuro, mellor pero tamén inalcanzable.
Este verán retomamos os talleres didácticos dirixidos a nenos e nenas entre os 6 e os 11 anos.
