Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

14 Xaneiro 2014 - 18 Marzo 2014

Como complemento á mostra 93, coa que o CGAC celebra o seu vixésimo aniversario, o centro organiza unha serie de encontros cos artistas presentes na exposición. A través deles pretende ofrecer unha visión xeral do contexto da arte a comezos dos anos noventa.

28 Xaneiro 2013

28 xaneiro - 1 febreiro O principal obxectivo do seminario Arte e subxectividade é evitar que se cree unha única vía de pensamento sobre o universo artístico. Para iso traballaremos cunha idea que considero fundamental: a política como ética e a ética como política. A ética tratada sen sentido moral e a política no sentido máis totalizador, como elemento de enfrontamento e cuestionamiento da codificación da realidade alienante e…

23 Maio 2012

23-25 maio Nos últimos anos, en paralelo á consolidación dun sistema institucional da arte, estamos a asistir ao nacemento de propostas colectivas de produción cultural catalogadas de alternativas ou independentes. O alternativo defínese aquí por contraposición ao institucional (cultura administrada desde unha estrutura estable e profesionalizada), malia que en moitos casos se pode dar un diálogo frutífero entre estes dous ámbitos. A…

29 Marzo 2011

O CGAC organiza un seminario dirixido a docentes de educación primaria, e educadores sociais e de museos que orienten o seu traballo cara á busca de espazos de intersección entre os ámbitos da arte e da educación. Partindo dunha revisión crítica, Ana Angélica Albano explicará algúns dos proxectos sociais de iniciación artística que desenvolveu en diversas comunidades do Brasil. Espazos de posibilidades para a aprendizaxe, a experimentación e…

1 Xuño 2010

1-3 de xuñoNo marco da exposición In Search of the Miraculous: trinta anos despois celebrarase un seminario centrado na vida e a obra do artista holandés Bas Jan Ader. A actividade, impartida polos artistas e investigadores Marion van Wijk e Koos Dalstra, desenvolverase entre o día 1 e 3 de xuño. Como complemento ao mesmo o xoves a partir das 19 horas terán lugar unha conferencia a cargo dos dous especialistas holandeses, e a proxeccióndo…

21 Abril 2010

A URXENCIA DO DISCURSO29-30 abril, 6-7 maio Nun momento en que a banalización dos significados, imposta pola presión do novo e pola primacía do visual, pode pór en perigo a densidade de discursos que requiren unha velocidade de aprehensión máis lenta e esixente, urxe dar espazo a un tipo de reflexión que logre escapar da ditadura do sound bite. A urxencia do discurso ofrécenos unha ocasión privilexiada para a audición desacelerada do…