Este seminario achégase á lectura que dalgunha das obras mestras de Camilo José Cela fixo o cinema, á súa participación na historia do cinema español, a algunha noticia oportuna sobre "El hombre y el mar" e a esa fonte inesgotable de palabras e imaxes que é a revista "Papeles de Son Armadans", creada por Cela en abril de 1956.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
A compoñente teórica das propostas dos artistas participantes neste ciclo é reflexionar sobre como non se relacionar co outro ou a outra? é dicir, comoas persoas aprendemos a interactuar entre nose, sobre todo, co medio ambiente.
O exilio debido a conflitos políticos é un dos dramas que mellor caracterizan a historia do século XX. O dereito de asilo foi concibido como un dos alicerces fundamentais das democracias europeas modernas tras a Segunda Guerra Mundial, tanto para combater os totalitarismos como para construír unha idea de política ética e solidaria e, pola súa vez, amortecer os efectos do exilio nas vidas das persoas en todo o mundo. Por iso o dereito de…
O terceiro congreso sobre arte de acción Fugas e interferencias, organizado pola Universidade de Vigo en colaboración co CGAC, terá lugar do 29 de novembro ao 1 de decembro de 2018 na Casa das Campás (Pontevedra) e no CGAC (Santiago de Compostela). O obxectivo fundamental do congreso centrarase na análise e reflexión sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica.
O segundo congreso sobre performance Fugas e interferencias, organizado pola Universidade de Vigo en colaboración co CGAC, terá lugar do 30 de novembro ao 2 de decembro de 2017 nas cidades de Pontevedra (Casa das Campás) e Santiago de Compostela (CGAC).
Nos últimos anos puidemos comprobar como, á vez que se consolidaban as titulacións de Historia da Arte e de Belas Artes, os museos e centros desenvolvían distintas metodoloxías no seu traballo de investigación sobre creación contemporánea.
Coincidindo coa exposición Arissa. A sombra e o fotógrafo. 1922-1936, o CGAC presenta un ciclo de intervencións e comunicacións que abordarán como a investigación e valorización de distintos arquivos fotográficos históricos permitiu establecer unha nova lectura e interpretación de diversos autores.
Mentres sucede. Derivas do presente pretende dar respostas sobre os lugares e as ideas da creación, nun ciclo de conferencias que xira sobre as distintas visiónsdo mundo artístico contemporáneo: Cales son as novas etiquetas do presente? Como resiste a crítica? Por que seguimos a desexar marcar novas tendencias? Cales son os novos desafíos do museo e as galerías? Como se ve e se escribe fronte e desde o presente?
Os mundos cambian, e ao facelo poden levar por diante as linguas e as culturas que os habitantes deses mundos non dean adaptado ás novas realidades. As causas desa crise adoitan ser diversas e as explicacións poden culpabilizar o inimigo exterior ou buscar tamén a parte de responsabilidade da sociedade e das institucións con que se goberna. Linguas e culturas deben procurar a cada momento o seu lugar nun contexto que está en…
