Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  
cgac.educacion@xunta.gal
cgac.pedagogia@xunta.gal

O número de prazas dispoñibles para participar nas actividades do CGAC poderá variar en función dos posibles cambios normativos relacionados coa COVID-19.

2 Maio 2024
18:30 h

Unha visión ampla e comprensiva da obra de Antón Lamazares a través da súa produción artística e do seu periplo vital. Unha viaxe no tempo a través das obras resultantes do traballo e da entrega ao singular exercicio de querer mostrar.

29 Novembro 2023 - 30 Novembro 2023

O esforzo dedicado polos museos de arte contemporánea á construción e presentación das súas coleccións converteuse nunha prioridade e nun eixe discursivo fundamental dos debates artísticos.

20 Abril 2023
18:00 h

Guerrilla Girls en Venecia é o título da charla que Rosa Martínez impartirá no CGAC co gallo da exposición que acolle o centro desde o pasado mes de marzo. A súa intervención versará sobre a participación do colectivo Guerrilla Girls na mostra Siempre un poco más lejos, da que a propia Rosa Martínez foi comisaria no Arsenale de Venecia, no marco da 51.ª edición da Exposición Internacional de Arte da Bienal de Venecia.

30 Novembro 2022 - 3 Decembro 2022
De 18:30 a 20:30 h

As décadas dos cincuenta e sesenta son a idade de ouro das agrupacións fotográficas onde se desenvolvía toda a actividade fotográfica non profesional. Raniero Fernández era o presidente da máis activa delas, a Agrupación Fotográfica Gallega, mais as súas fotografías non acadaban importantes premios nos concursos porque non se axustaban á estética pictorialista imperante neles. Non obstante, o seu traballo ten hoxe un gran valor.

25 Novembro 2022

A Real Academia Galega de Belas Artes dedica o Día das Artes Galegas, 1 de abril de 2022, á figura do artista José Otero Abeledo, coñecido como Laxeiro.

29 Abril 2022
18:00 h

Nodos e visións. Como imaxinas o final? repasa algúns puntos esenciais da obra da coreógrafa e artista visual asturiana Olga Mesa. En diálogo con Nekane Aramburu, ambas confrontarán ideas e imaxes desde a práctica creativa e a teoría da arte.

30 Setembro 2021 - 2 Outubro 2021

O congreso está organizado pola Universidade de Vigo e conta coa colaboración do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

O obxectivo fundamental do congreso centrarase na análise e reflexión sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica.

 

4 Xuño 2021 - 5 Xuño 2021

Nos primeiros anos cincuenta do século pasado, Miguel Delibes referíase a Camilo José Cela como “un gran escritor sen xénero, un artífice da prosa, que traballa a palabra e o estilo cun primor ao que en España non estabamos afeitos”.

3 Agosto 2020

Debido á crise da COVID19, a V edición de Fugas e Interferencias non se celebrará de xeito presencial nin en liña. Nesta quinta edición imos centrar todo o noso esforzo nunha publicación dos artigos que resulten seleccionados na chamada de traballos.