Coa chegada do outono estreamos unha nova edición do Filocafé no CGAC, coa colaboración da Asociación Galega da Crítica. A cita terá lugar o primeiro domingo de cada mes ás 18:30 horas (desde outubro ata abril) na Cantina do CGAC. Os filocafés son conversas públicas nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiaren inquietudes ou puntos de vista desde calquera área ou nivel de coñecemento.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
A arte do pasado século e a dos nosos días proxectan un desenvolvemento cheo de descontinuidades ateigado de referencias e de linguaxes que se encadean coa tradición artística occidental ou, polo contrario, co seu rexeitamento. A súa interpretación ofrécenos unha variedade de estratexias operativas suxeitas ao hábitat creado polas condicións ambientais de cada momento e á acción particular de cada autor.
Na varanda é un programa educativo e de creación cuxo obxectivo é o encontro, o diálogo e o achegamento entre o museo e a veciñanza de Santiago de Compostela.
Compostela Conversa é un ciclo cultural que se inicia en 2017 na cidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de dar voz ao novo talento musical galego ao tempo que o conecta con artistas de outras disciplinas e xeografías, fomentando a reflexión sobre a escena actual. Nesta terceira edición, que se celebrará os día 15 e 16 de febreiro, o Concello de Compostela e o CGAC colaboran para reivindicar os 20 anos da celebración de Lost in Sound…
A construción da imaxe videográfica en Galicia desde os anos oitenta do século XX ata hoxe resolve algúns aspectos de carácter creativo, ideolóxico, de compromiso e reivindicación social, e por suposto estéticos —por tanto, de cultura visual entroncada coa cultura individual e colectiva—.
Desde que o cinema comezou a contar historias, o centro de atracción de infinidade de películas, independentemente do xénero ao que pertenzan, ocupouno a inevitable historia de amor. O corpo e o rostro das stars convertéronse no centro de atracción da pantalla, en obxectos de admiración para cineastas e espectadores.
A celebración do Día Internacional dos Museos (DIM) serve unha vez máis como punto de partida do ciclo Música e arte. Correspondencias sonoras, un encontro entre a música e a arte do noso tempo no que teñen cabida todas as expresións creativas actuais co obxectivo de dar a coñecer as estéticas máis avanzadas, os compositores máis destacados do novo panorama musical e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova…
O modo de abordar a paisaxe, de representar o territorio ou de mirar aquilo que pensamos, encóntrase condicionado por unha gran trama cultural; e son de múltiple natureza os elementos que interveñen na súa construción física ou imaxinaria.
O terceiro congreso sobre arte de acción Fugas e interferencias, organizado pola Universidade de Vigo en colaboración co CGAC, terá lugar do 29 de novembro ao 1 de decembro de 2018 na Casa das Campás (Pontevedra) e no CGAC (Santiago de Compostela). O obxectivo fundamental do congreso centrarase na análise e reflexión sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica.
