The Mind on Fire é a primeira exposición institucional en España do artista estadounidense James Welling (Hartford, Connecticut, 1951). A mostra, que comprende arredor de cento cincuenta obras, recrea algunhas das principais exposicións de Welling nos setenta e nos oitenta e reflicte a evolución da súa linguaxe abstracta e a súa experimentación cos efectos fotográficos. Exposición organizada en colaboración con MK Gallery, Milton Keynes, y Contemporary Art Gallery, Vancouver.
- Inicio
- Busca
Busca
Ricardo Basbaum (São Paulo, 1961) é un axente cultural que mantén unha intensa actividade, non só artística, senón tamén docente, investigadora e curatorial. Diagramas é a súa primeira exposición retrospectiva en España.
Graham Gussin (Londres, 1960) utiliza unha gran diversidade de medios —texto, debuxo, filme, son, escultura e instalación—para explorar a nosa percepción do tempo, do espazo e da escala. As súas obras adoitan manipular e apropiarse de imaxes e narracións literarias extraídas da historia da arte, da cultura popular e, sobre todo, do cine.
