Un ano máis o CGAC colabora co festival internacional de cine Curtocircuíto na súa 14ª edición.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
O CGAC e o Cineclube de Compostela programan unha nova edición do Cine de Verán. Este ano, no cinema ao aire libre, proxectaremos Fóra de contexto. Ciclo de cine turista, dirixido por Cibrán Tenreiro. As noites dos mércores e xoves do mes de xullo a partir das 22:30 h poderemos gozar de seis grandes títulos do cinema internacional que ofrecen unha particular mirada arredor da figura do turista e da viaxe.
CICLO NOVO CINEMA GALEGO 28 abril - 16 xuño O éxito do filme Todos vós sodes capitáns na Quincena de Realizadores de Cannes 2010, co seu director, o galego Oliver Laxe, convertido no único representante español no festival, puxo de manifesto a existencia dunha nova xeración de creadores cinematográficos no noso país. As obras máis interesantes, as que teñen maior repercusión fóra de Galicia, están feitas á marxe da industria por un grupo…
Entre o 8 e o 27 de novembro volve o Festival Cineuropa, este ano na súa 30.ª edición. Como vén sendo habitual o CGAC converterase nunha das súas sedes e acollerá parte da súa programación fílmica.
Un ano máis o CGAC colabora co festival internacional de cine Curtocircuíto na súa 13ª edición. O festival naceu en Santiago de Compostela no ano 2003 como unha iniciativa do concello da cidade coa intención de potenciar a creación cinematográfica no ámbito da curtametraxe.
Comeza o verán e con el as sesións de cinema ao aire libre no CGAC, este ano cun ciclo dedicado ao cinema checo con películas vinculadas, na súa maioría, ao movemento da Nová vlna, a Nova Onda Checa.
El Documental del mes é unha iniciativa da produtora Parallel 40, nacida no ano 2004 no marco do proxecto europeo CinemaNet Europe. Ten como obxectivo achegar o xénero documental ao maior número de espectadores posible e incrementar a presenza do documental europeo nas pantallas cinematográficas. Inclúe a estrea dun filme documental de calidade, de temática e procedencia diversa en 45 cidades españolas e, desde 2009, tamén de Chile e…
El Documental del Mes é unha iniciativa da produtora Parallel 40, nacida no ano 2004 no marco do proxecto europeo CinemaNet Europe. Ten como obxectivo achegar o xénero documental ao maior número de espectadores posible e incrementar a presenza do documental europeo nas pantallas cinematográficas. Inclúe a estrea dun filme documental de calidade, de temática e procedencia diversa en 45 cidades españolas e, desde 2009, tamén de Chile e…
Entre o 6 e o 29 novembro volve o festival Cineuropa, este ano na súa 29.ª edición. Como vén sendo habitual o CGAC converterase nunha das súas sedes e acollerá parte da súa programación fílmica.
