Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

18 Outubro 2017 - 23 Maio 2018

Os corpos do cinema é unha reflexión sobre a figura e a súa relación cos espazos no medio audiovisual. Baixo este pretexto, analizaremos como o corpo transita en diferentes contextos cinematográficos, ben desde unha perspectiva de xénero (comedia, musical, western...), de cineastas (Jacques Tati, Michelangelo Antonioni, Béla Tarr, Leos Carax...) ou de narrativas e espazos diversos (personaxes errantes, a cidade, a estrada, a adolescencia,…

14 Maio 2018 - 20 Maio 2018

Este ano o Consello Internacional de Museos (ICOM), que desde 1946 acompaña os axentes da comunidade museística na súa misión de preservar, conservar e transmitir os bens culturais, propón traballar arredor do lema Museos hiperconectados: enfoques novos, públicos novos. Cada 18 de maio, co obxectivo de subliñar o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade e da cultura, o CGAC súmase á celebración do Día Internacional dos…

28 Abril 2018

É posible empregar a arte contemporánea como un recurso transversal na aula? Trataremos de responder a esta pregunta ao longo deste taller teórico-práctico no que traballaremos con distintos procesos de creación empregados na arte contemporánea. A partir da exposición de Antoni Muntadas no CGAC, Estratexias do desprazamento, exploraremos algúns dos conceptos presentes no traballo deste artista para desenvolver actividades e procesos…

28 Decembro 2017 - 5 Xaneiro 2018

Durante as vacacións de nadal o CGAC acolle dous talleres dirixidos a nenos e nenas arredor da suxestiva exposición «Y», do artista Álvaro Negro. Unhas actividades dirixidas aos máis pequenos coas que poderán experimentar e explorar a arte contemporánea. Un tempo para coñecer e mergullarse nos procesos creativos a través das linguaxes, soportes, materiais, técnicas e conceptos propios da arte máis actual. Para os máis novos,…

30 Maio 2013 - 21 Decembro 2017

En colaboración coa Área de Filoloxía Catalá da Universidade de Santiago de Compostela organizamos un novo ciclo de cinema co obxectivo de levar a lingua e cultura catalás alén das aulas. A actividade contará coa presenza dos directores Marcel·lí Antúnez e Esteve Riambau que presentarán o seus filmes; o profesor Xosé Nogueira, Secretario do Centro de Estudos Fílmicos (CEFILMUS), que abordará o universo teatral de Joaquim Jordà e, por último,…

19 Maio 2017 - 19 Decembro 2017

Catálogos de sopro, respiración e asubío, estudo obsesivo e recorrente da difusión do aire do compositor Ramón Souto (España, 1976). Así dá comezo, co motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, a nova edición de Música e arte. Correspondencias sonoras, un encontro entre a música e a arte do noso tempo no que teñen cabida todas as expresións creativas actuais co obxectivo de dar a coñecer as estéticas máis avanzadas, os…

20 Xuño 2013 - 14 Decembro 2017

Este xoves 20 de xuño ás 22:00 horas, o CGAC colabora coa USC pechando o ciclo de lecer e coñecemento Nerd Nites en Santiago de Compostela. A cita dará comezo na cafetería do CGAC para, se o tempo o permite, subir despois á terraza e contemplar o ceo con telescopios.

16 Maio 2013 - 14 Decembro 2017

Para celebrar o Día Internacional dos Museos diferentes museos da cidade compostelá organizan actividades de xeito conxunto. Dentro desta programación, o CGAC inicia unha nova edición do ciclo Música e arte. Correspondencias sonoras, que comezará o xoves 16 de maio, e comparte co Museo do Pobo Galego o espectáculo de danza Dous espazos, tres movementos o sábado 18 de maio.

7 Maio 2013 - 14 Decembro 2017

7 maio - 11 xuño Novas citas dentro do ciclo de visitas guiadas conducidas por profesionais do ámbito cultural e artístico para as exposicións Miguel Palma: Desconforto moderno e Colección CGAC: adquisicións e incorporacións recentes.