Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

20 Xuño 2013 - 14 Decembro 2017

Este xoves 20 de xuño ás 22:00 horas, o CGAC colabora coa USC pechando o ciclo de lecer e coñecemento Nerd Nites en Santiago de Compostela. A cita dará comezo na cafetería do CGAC para, se o tempo o permite, subir despois á terraza e contemplar o ceo con telescopios.

16 Maio 2013 - 14 Decembro 2017

Para celebrar o Día Internacional dos Museos diferentes museos da cidade compostelá organizan actividades de xeito conxunto. Dentro desta programación, o CGAC inicia unha nova edición do ciclo Música e arte. Correspondencias sonoras, que comezará o xoves 16 de maio, e comparte co Museo do Pobo Galego o espectáculo de danza Dous espazos, tres movementos o sábado 18 de maio.

7 Maio 2013 - 14 Decembro 2017

7 maio - 11 xuño Novas citas dentro do ciclo de visitas guiadas conducidas por profesionais do ámbito cultural e artístico para as exposicións Miguel Palma: Desconforto moderno e Colección CGAC: adquisicións e incorporacións recentes.

30 Novembro 2017 - 2 Decembro 2017

O segundo congreso sobre performance Fugas e interferencias, organizado pola Universidade de Vigo en colaboración co CGAC, terá lugar do 30 de novembro ao 2 de decembro de 2017 nas cidades de Pontevedra (Casa das Campás) e Santiago de Compostela (CGAC).

7 Novembro 2017 - 28 Novembro 2017

Entre o 7 e o 28 de novembro volve o Festival Cineuropa, este ano na súa 31 edición. Como ven sendo habitual o CGAC convertiráse nunha das súas sedes e acollerá parte da súa programación fílmica.

24 Novembro 2017 - 25 Novembro 2017

Nos últimos anos puidemos comprobar como, á vez que se consolidaban as titulacións de Historia da Arte e de Belas Artes, os museos e centros desenvolvían distintas metodoloxías no seu traballo de investigación sobre creación contemporánea.

7 Outubro 2017 - 25 Novembro 2017

Entre os meses de outubro e novembro terá lugar unha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea. Unha actividade estruturada arredor de varios concertos nos que a transversalidade da música e a súa relación con outras artes cobra protagonismo.

27 Setembro 2013 - 16 Novembro 2017

A música contemporánea é un campo en transformación constante, as novas ideas xeran novas formas musicais que precisan novas ferramentas e iso será o que amosarán ao público estas Xornadas de Música Contemporánea que se enriquecen con achegas xurdidas en Galicia (que nos últimos anos se converteu nun activo referente neste eido coa creación de novos conxuntos especializados na música contemporánea) como as de Vertixe Sonora Ensemble, o Taller…

1 Outubro 2017 - 8 Outubro 2017

Un ano máis o CGAC colabora co festival internacional de cine Curtocircuíto na súa 14ª edición.