Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

19 Xuño 2019 - 20 Xuño 2019

19 e 20 de xuño ás 19:00 h Auditorio do CGAC Entrada libre e gratuítaManthia Diawara (Bamaco, Malí, 1953) é cineasta e teórico cultural. Formado na República de Guinea e París, viaxa a Estados Unidos onde exerce como docente e desenvolve unha ampla obra fílmica e ensaística. Gran parte da súa investigación céntrase no estudo da cultura da diáspora africana.

3 Xuño 2019 - 17 Xuño 2019

O exilio debido a conflitos políticos é un dos dramas que mellor caracterizan a historia do século XX. O dereito de asilo foi concibido como un dos alicerces fundamentais das democracias europeas modernas tras a Segunda Guerra Mundial, tanto para combater os totalitarismos como para construír unha idea de política ética e solidaria e, pola súa vez, amortecer os efectos do exilio nas vidas das persoas en todo o mundo. Por iso o dereito de…

20 Marzo 2019 - 5 Xuño 2019

Intrahistorias da arquitectura é un programa nado con vocación didáctica, un curso apoiado no impulso investigador e científico, con carácter divulgador e crítico.

4 Xullo 2019 - 4 Xuño 2019

Xoves, 4 de xullo ás 19:30 h Auditorio do CGACDavid Lamelas é unha figura clave da arte conceptual e un dos grandes protagonistas da escena artística arxentina na década dos sesenta. Desde os seus inicios, a súa obra distinguiuse por unha singular capacidade para adaptarse a distintos contextos, xa fosen artísticos, arquitectónicos ou xeográficos, en cidades como Londres, Bruxelas, París, Milán, Los Angeles, Nova York ou Berlín.

1 Xuño 2019

Sábado, 1 de xuño de 2019 Salas da exposición Vestiges d’un ici, vestixios de si de Loreto Martínez Troncoso

28 Novembro 2018 - 29 Maio 2019

O CGAC presenta un novo programa de educación artística dirixido a todos os públicos para a integración de persoas con diversidade funcional.

27 Outubro 2018 - 26 Maio 2019

O CGAC presenta a cuarta edición deste ciclo de talleres dedicado á arquitectura contemporánea para o público infantil. Este ano, ademais, pecharemos o programa cun taller dirixido ás familias.

14 Maio 2019 - 19 Maio 2019

O 18 de maio, Día Internacional dos Museos, celebrarase este ano baixo o lema Os museos como eixes culturais: o futuro da tradición. Nesta edición, o ICOM (Consello Internacional de Museos) propón subliñar os novos papeis que desempeñan os museos como axentes activos nas súas comunidades. Con este fin e ao longo da semana, o CGAC programa diferentes sesións de cinema, música, talleres didácticos e visitas guiadas que fomentarán a…

19 Xaneiro 2019 - 19 Maio 2019

Comezamos o 2019 cunha nova edición de Talleres para familias no CGAC. Os nenos e nenas de entre 4 e 9 anos están convidados a vir con dous dos seus familiares a participar nesta actividade que ten lugar a terceira fin de semana de cada mes.