Este taller non ten título. Será un taller baseado na experiencia do artista, que non falará de teoría senón das cousas que aprendeu no seu percorrido profesional.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
Alegacións a medida persegue o serpeante percorrido social, económico e cultural do século XX en Occidente a través da evolución da vestimenta. A moda, en estreita relación coa arte, a música e o cinema ao longo do século, é manifesto fiel da historia do seu tempo.
Do 10 ao 18 de febreiro de 2020, o Centro Galego de Arte Contemporánea acollerá a segunda edición da Maratón Internacional de Creación de Curtometraxes, unha cita anual que forma parte dun movemento presente en máis de oitenta cidades dos cinco continentes.
Este Nadal realizaremos catro talleres arredor de dúas das exposicións que temos en curso. Achegarémonos á arte contemporánea desde o lecer, mergullándonos nos procesos creativos a través das múltiples linguaxes, soportes, materiais, técnicas e conceptos da arte máis actual.Visitaremos a mostra do artista Jesús Madriñán, que traslada ao museo a súa experiencia no Camiño de Santiago a través dos retratos das xentes que foi atopando durante a…
Ágnes Mócsy, física teórica húngara-estadounidense e membro da American Physical Society, é profesoravisitante no Departamento de Física da Universidade de Yale e catedrática no Instituto Pratt de Brooklyn, en Nova York.
Horario: mércores de 19:00 a 20:30 h “Disidentes!”, así cualificaban os membros da Fronte Popular de Xudea os da Fronte Xudaica Popular, e era tamén o berro que lle dirixían ao único membro da Unión Popular de Xudea, sentado unhas bancadas máis abaixo. Esta mítica escena de A vida de Brian (1979) dos Monty Python ilustra graficamente a etimoloxía de dissidere: o acto físico de “sentar á parte”, de “estar separado” e de aí, por…
A compoñente teórica das propostas dos artistas participantes neste ciclo é reflexionar sobre como non se relacionar co outro ou a outra? é dicir, comoas persoas aprendemos a interactuar entre nose, sobre todo, co medio ambiente.
Repetimos este ciclo de cursos prácticos para docentes que presenta a arte contemporánea como ferramenta de aprendizaxe na aula. O programa está estruturado ao redor de tres eixes de gran presenza na educación formal (as matemáticas, a narración e o coñecemento do contorno natural) e deseñado para explorar os límites entre áreas de coñecemento e convidar os educadores a experimentar e aprender antes de levar as súas propostas á aula.
O CGAC desexa continuar cos actos de celebración do 25 aniversario da institución, dándolle cabida a unha das iniciativas máis celebradas e estrañadas. O Departamento de Música, fundado por Manuel Rodeiro entre 1994 e 1995, erixiuse en poucos anos nunha plataforma activa e nun modelo de xestión que conseguiu xuntar a innovación e a esixencia artística cun interese do público sen precedentes. Por este motivo volvéuselle pedir ao seu…
