Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

23 Novembro 2020 - 1 Decembro 2020
23, 24, 30 de novembro e 1 decembro de 18:30 a 20:30 h

O termo ópera pode evocar unha arte destinada ao mundo burgués, ou cando menos, allea ás inquedanzas propias do século XXI, coas súas controvertidas e poliédricas visións da arte e do ser humano.

18 Maio 2020 - 15 Novembro 2020
Horario: 19:30h Auditorio do CGAC

Dada a situación actual, a celebración do DIM 2020 dixitalízase mediante a organización de actividades en liña. As actividades presenciais levaranse a cabo no mes de novembro.

7 Febreiro 2020 - 14 Novembro 2020
Venres de 18:00 a 20:00 h e sábados de 10:00 a 14:00 h

Despois dun primeiro ciclo de cursos dedicados á aprendizaxe globalizada da lingua, as matemáticas e o coñecemento do medio natural a través da plástica, incorpórase a este programa de educación artística un tema transversal presente en todas as etapas educativas: a identidade.Este eixe, de enorme importancia na arte contemporánea e na vida, permitiranos coñecer numerosos referentes creativos e investigar sobre o eu e o nós a través da…

10 Setembro 2020 - 18 Setembro 2020

Entre o 10 e o 18 de setembro de 2020 terá lugar a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma, un proxecto que baixo o fío da performatividade quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, a música, a arquitectura e o deseño. Dirixido por David Barro, Mónica Maneiro e Iñaki Martínez Antelo, o Festival nace coa intención de traballar en rede e buscar a complicidade do meirande número de axentes, institucións…

31 Agosto 2020 - 5 Setembro 2020

Desde este festival buscamos a dinamización e promoción da danza contemporánea nalgúns dos espacios máis representativos e fermosos da cidade. HerDanza é unha proposta diferente da que todos os públicos poderán gozar.

3 Agosto 2020

Debido á crise da COVID19, a V edición de Fugas e Interferencias non se celebrará de xeito presencial nin en liña. Nesta quinta edición imos centrar todo o noso esforzo nunha publicación dos artigos que resulten seleccionados na chamada de traballos.

26 Xuño 2020
Horario: 18:30 h

Presentación do libro Christian Villamide. In Landscape Mode.

25 Marzo 2020 - 3 Xuño 2020
De 19:00 a 20:30 h

Acceso online para os participantes xa inscritos, a través da plataforma Zoom. Horario: mércores de 19:00 a 20:30 h A segunda edición do curso Intrahistorias da arquitectura continuará tratando áreas transversais a esta disciplina. Trataremos temas como a innovación, os arquitectos inventores, a educación a través do xogo de construción, a bioconstrución, as ricas relacións entre a arquitectura e o deseño ou a arquitectura e a arte…

26 Outubro 2019 - 31 Maio 2020
Sábados e domingos de 11:00 a 13:00 h

O CGAC presenta a quinta edicion deste ciclo de talleres dedicado á arquitectura contemporánea e dirixido ao público infantil. Este ano pecharemos de novo o programa cun obradoiro dirixido ás familias. Os talleres, que teñen lugar a última fin de semana de cada mes, desenvólvense baixo a dirección do arquitecto Fermín Blanco co apoio do equipo didáctico do Sistema Lupo. O seu obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as…