Neste ano 2022 o CGAC colabora de novo na produccion da terceira edición do festival de artes performativas Plataforma que terá lugar entre o 9 de maio e o 18 de xuño.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
O contido deste curso abarca desde principios do século XX ata a Segunda Guerra Mundial, cuxo estalido constitúe a primeira gran quebra na traxectoria da cultura e da arte. Un período que xorde en distintos puntos de Europa e que supón unha das etapas máis creativas da súa historia.
O CGAC presenta a sétima edición deste ciclo de talleres dedicado á arquitectura contemporánea para o público infantil.
Para celebrar o 18 de maio, Día internacional dos Museos, este ano o ICOM propón como lema “O poder dos museos”. O seu obxectivo é subliñar o potencial transformador dos museos nas súas comunidades. Os museos como lugares de formación, descubrimento, investigación e encontro, e como foros de intercambio cultural e de coñecemento.
Volvemos cunha nova edición dos talleres para familias no CGAC e continuamos o percorrido polo mundo a través da arte e das culturas de distintos países.
Nodos e visións. Como imaxinas o final? repasa algúns puntos esenciais da obra da coreógrafa e artista visual asturiana Olga Mesa. En diálogo con Nekane Aramburu, ambas confrontarán ideas e imaxes desde a práctica creativa e a teoría da arte.
O presente curso monográfico ofrece unha reflexión acerca da transversalidade entre dúas disciplinas artísticas, a moda e a pintura, a través da obra dunha serie de artistas ás que chamamos “evanxelistas da moda”. Falamos de catro artistas femininas que, desde a vangarda contemporánea, lle insuflaron vida nova á arte e souberon romper os canons establecidos, tanto nas súas biografías como na súa indumentaria.
Durante as vacacións do Nadal, o CGAC acolle dous talleres dirixidos a nenos e nenas arredor da suxestiva exposición Camiños II.
Adoita pensarse a utopía como unha quimera, como unha proxección irrealizable desde un presente escuro cara a algún futuro, mellor pero tamén inalcanzable.
