Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

14 Xullo 2023
21:00 h

O CGAC foi convidado polo Teatro Real para participar na retransmisión en directo dunha das óperas máis populares da historia, Turandot, a última obra do compositor italiano Giacomo Puccini.

1 Xullo 2023
De 11:00 a 13:30 h

Desde o pasado ano, no CGAC levamos a cabo un proxecto de escoita do barrio de San Pedro no que se recolle a súa historia, tradicións, economía local e testemuños da transformación da súa paisaxe urbanística e humana.

1 Xuño 2023 - 27 Xuño 2023

As Xornadas de Música Contemporánea están organizadas polo Auditorio de Galicia-Compostela Cultura, Concello de Santiago, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a Universidade de Santiago de Compostela e contan co apoio económico da Deputación da Coruña.

7 Xuño 2023 - 15 Xuño 2023

Plataforma. Festival de Artes Performativas naceu cunha vocación e un obxectivo que continúa sendo o mesmo: enriquecer a potencia cultural de Santiago de Compostela

17 Xaneiro 2023 - 6 Xuño 2023
Martes de 19:00 a 21:00 h

As consecuencias da Segunda Guerra Mundial motivaron o exilio aos Estados Unidos de gran número dos artistas que protagonizaran as vangardas europeas. Nova York converteríase no gran foco artístico internacional, substituíndo o papel que tivera París.

24 Maio 2023
19:00 h

El punto impropio (O punto impropio, 2023) é un proxecto de Javier Martín que pon en diálogo o traballo coreográfico con investigacións sonoras e materiais visuais en tempo real: unha sorte de rexistro e composición auditiva [A], somática [S] e visual [V] que, en exercicio resonante, activa e resignifica a coreografía.

15 Maio 2023 - 21 Maio 2023

Para celebrar o 18 de maio, este ano o Consello Internacional de Museos (ICOM) propón o lema “Museos, sostibilidade e benestar”.

21 Xaneiro 2023 - 21 Maio 2023
Sábados e domingos de 11:00 a 13:00 h

Volven os Talleres para familias!, unha actividade dirixida a familias con nenos e nenas de entre 4 e 9 anos que queiran descubrir o amplo universo da arte contemporánea ou profundar no seu coñecemento.

Este ano cambiamos de continente para viaxar ata o norte de África. Descubriremos a maxia, as cores e as historias que conteñen as obras de arte realizadas por creadores e creadoras contemporáneas de Marrocos, un país moi próximo e,…

12 Maio 2023
11:00 h

O vindeiro venres 12 de maio ás 11:00 h terá lugar na biblioteca do CGAC o anuncio da convocatoria da VI edición do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea, entrega do diploma a Jorge Fernández Gonzalo, ganador da V edición, e presentación del libro Memoria do azul, de Laura Calvo Gens, ensaio premiado en 2020.