O presente curso monográfico ofrece unha reflexión acerca da transversalidade entre dúas disciplinas artísticas, a moda e a pintura, a través da obra dunha serie de artistas ás que chamamos “evanxelistas da moda”. Falamos de catro artistas femininas que, desde a vangarda contemporánea, lle insuflaron vida nova á arte e souberon romper os canons establecidos, tanto nas súas biografías como na súa indumentaria.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
Durante as vacacións do Nadal, o CGAC acolle dous talleres dirixidos a nenos e nenas arredor da suxestiva exposición Camiños II.
Adoita pensarse a utopía como unha quimera, como unha proxección irrealizable desde un presente escuro cara a algún futuro, mellor pero tamén inalcanzable.
Como complemento á exposición Pingas rompentes, a artista Carmen Nogueira realizará unha actividade que abrangue reflexións arredor do crecemento da cidade, os seus fluxos, a influencia do mar e a súas dinámicas.
Christian Villamide reflexiona no seu traballo sobre a construción da paisaxe, a idea de territorio e a especulación ou mercantilización dos espazos naturais.
A arte contemporánea entrou nas aulas como eixo de aprendizaxe, pero habitualmente faino da man de artistas como Picasso, Miró, Van Gogh ou Kandinsky. Figuras importantes, sen dúbida, pero tamén afastadas xa do noso tempo e que non reflicten algunhas cuestións transversais, presentes no ámbito educativo, como son a conexión co cotián, a paridade ou a sustentabilidade.
Fugas e Iterferencias. VI Congreso de arte de acción está organizado pola Universidade de Vigo e conta coa colaboración do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
O obxectivo fundamental do congreso centrarase na análise e reflexión sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica.
Desde este festival buscamos a dinamización e promoción da danza contemporánea nalgúns dos espacios máis representativos e fermosos da cidade. HerDanza é unha proposta diferente da que todos os públicos poderán gozar.
Este verán retomamos os talleres didácticos dirixidos a nenos e nenas entre os 6 e os 11 anos.
O obxectivo deste programa é achegar o público infantil á arte contemporánea desde o lecer. Os participantes poderán adquirir ferramentas ou estratexias para a creación e reflexionar sobre o mundo que os rodea e experimentalo a través a arte.
