Curtocircuíto é un festival internacional que xurdiu en 2003 por iniciativa do Concello de Santiago de Compostela coa intención de potenciar a creación cinematográfica no ámbito da curtametraxe e que se foi consolidando pouco a pouco ata converterse nunha das citas de referencia para a creación cinematográfica independente en España.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
Con motivo do seu 30 aniversario, o CGAC deseñou un programa especial de concertos e espectáculos que, tomando como punto de partida o edificio que alberga o museo, combina diversas linguaxes e disciplinas artísticas como a danza, a videocreación e a música.
WOS Festival é un evento indoor de carácter anual que se celebra no mes de setembro en diferentes espazos de alto valor patrimonial de Santiago de Compostela, España.
Como todos os anos, o CGAC presenta a súa oferta estival de talleres de lecer. Estes talleres están pensados para que os nenos e as nenas de 4 a 12 anos reflexionen sobre a importancia da arte, comprendan mellor o mundo que os rodea e teñan a oportunidade de se implicar nos procesos creativos e, ademais, para que coñezan, se comuniquen e experimenten con múltiples soportes, linguaxes, técnicas e conceptos da arte contemporánea.
O CGAC foi convidado polo Teatro Real para participar na retransmisión en directo dunha das óperas máis populares da historia, Turandot, a última obra do compositor italiano Giacomo Puccini.
Desde o pasado ano, no CGAC levamos a cabo un proxecto de escoita do barrio de San Pedro no que se recolle a súa historia, tradicións, economía local e testemuños da transformación da súa paisaxe urbanística e humana.
As Xornadas de Música Contemporánea están organizadas polo Auditorio de Galicia-Compostela Cultura, Concello de Santiago, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a Universidade de Santiago de Compostela e contan co apoio económico da Deputación da Coruña.
Plataforma. Festival de Artes Performativas naceu cunha vocación e un obxectivo que continúa sendo o mesmo: enriquecer a potencia cultural de Santiago de Compostela
As consecuencias da Segunda Guerra Mundial motivaron o exilio aos Estados Unidos de gran número dos artistas que protagonizaran as vangardas europeas. Nova York converteríase no gran foco artístico internacional, substituíndo o papel que tivera París.
