Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

11 Setembro 2019 - 15 Setembro 2019

WOS Festival x SON Estrella Galicia celébrase desde fai seis anos cada mes de setembro nunha ducia de localizacións excepcionais da cidade de Santiago de Compostela, todas elas a pouca distancia da catedral, nun barrio histórico declarado Patrimonio da Humanidade. Os espazos inclúen dous museos, dous teatros, unha igrexa do século XVIII, edificios singulares como a Cidade da Cultura ou a Sede da Fundación SGAE, un mercado, dúas salas de…

2 Setembro 2019 - 7 Setembro 2019

Desde este festival buscamos a dinamización e promoción da danza contemporánea nalgúns dos espacios máis representativos e fermosos da cidade. HerDanza é unha proposta diferente da que todos os públicos poderán gozar. O festival desenvolverase durante unha semana e ofrecerá diversas actividades arredor da danza contemporánea: talleres formativos, conversas con profesionais da danza, proxeccións e espectáculos de pequeno e mediano formato en…

2 Xullo 2019 - 19 Xullo 2019

Os rapaces e rapazas que participen nestes talleres de lecer poderán experimentar e coñecer algunhas das claves da arte contemporánea, adquirir ferramentas para a creación, estratexias artísticas, reflexionar sobre a arte e, sobre todo, gozar co proceso. As educadoras Candela Rajal e Lara Torres dirixirán tres talleres plásticos a partir da exposición Pouco a pouco, de Ângela Ferreira, e da mostra colectiva We Refugees.

7 Xuño 2019 - 27 Xuño 2019

As Xornadas de Música Contemporánea están organizadas polo Concello de Santiago, a USC, o Consorcio de Santiago, a Deputación da Coruña e o CGAC e contan coa colaboración da beca Fulbright, o New York Women Composers, a Universidade de Pennsylvania, o Conservatorio Teresa Berganza, a Escola de Altos Estudos Musicais, o Conservatorio Profesional de Música de Santiago e Womarts.

21 Xuño 2019

Selma Uamusse canta o seu propio mundo, e leva todo un mundo dentro dela. A súa poderosa voz e a súa versatilidade brillan en diversos ámbitos: desde rock a afrobeat, pasando polo gospel, soul e jazz. Uamusse enriqueceu a súa viaxe con diferentes linguaxes, sempre consciente do poder transformador social e político da música.

19 Xuño 2019 - 20 Xuño 2019

19 e 20 de xuño ás 19:00 h Auditorio do CGAC Entrada libre e gratuítaManthia Diawara (Bamaco, Malí, 1953) é cineasta e teórico cultural. Formado na República de Guinea e París, viaxa a Estados Unidos onde exerce como docente e desenvolve unha ampla obra fílmica e ensaística. Gran parte da súa investigación céntrase no estudo da cultura da diáspora africana.

3 Xuño 2019 - 17 Xuño 2019

O exilio debido a conflitos políticos é un dos dramas que mellor caracterizan a historia do século XX. O dereito de asilo foi concibido como un dos alicerces fundamentais das democracias europeas modernas tras a Segunda Guerra Mundial, tanto para combater os totalitarismos como para construír unha idea de política ética e solidaria e, pola súa vez, amortecer os efectos do exilio nas vidas das persoas en todo o mundo. Por iso o dereito de…

20 Marzo 2019 - 5 Xuño 2019

Intrahistorias da arquitectura é un programa nado con vocación didáctica, un curso apoiado no impulso investigador e científico, con carácter divulgador e crítico.

4 Xullo 2019 - 4 Xuño 2019

Xoves, 4 de xullo ás 19:30 h Auditorio do CGACDavid Lamelas é unha figura clave da arte conceptual e un dos grandes protagonistas da escena artística arxentina na década dos sesenta. Desde os seus inicios, a súa obra distinguiuse por unha singular capacidade para adaptarse a distintos contextos, xa fosen artísticos, arquitectónicos ou xeográficos, en cidades como Londres, Bruxelas, París, Milán, Los Angeles, Nova York ou Berlín.