Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

25 Setembro 2020 - 10 Xaneiro 2021
Venres e xoves ás 18:30 h

Presentacións e mesas redondas organizadas por Antón Patiño.

18 Maio 2020 - 15 Novembro 2020
Horario: 19:30h Auditorio do CGAC

Dada a situación actual, a celebración do DIM 2020 dixitalízase mediante a organización de actividades en liña. As actividades presenciais levaranse a cabo no mes de novembro.

26 Xuño 2020
Horario: 18:30 h

Presentación do libro Christian Villamide. In Landscape Mode.

5 Febreiro 2020 - 20 Maio 2020

O CGAC abre un novo programa de educación artística para a integración de persoas con diversidade funcional. O proxecto Aula diversa, dirixido pola xestora cultural e educadora Adriana Pazos Ottón, propón a arte contemporánea como ferramenta de inclusión social e o museo como espazo de aprendizaxe aberto ao encontro das diferenzas.Entre os meses de xaneiro e xuño de 2020 terán lugar unha serie de sesións abertas a colectivos ou persoas con…

12 Xaneiro 2020 - 10 Maio 2020

Comezamos o ano cunha nova edición do Filocafé na cafetería do CGAC. O primeiro domingo de cada mes (excepto se cadra cunha ponte), desde xaneiro ata maio, o CGAC, en colaboración coa Asociación Galega da Crítica, ofrece novos encontros para filosofar e gozar dun café diante dunha obra de arte. Os filocafés no CGAC son conversas públicas nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde…

12 Novembro 2019 - 12 Decembro 2019

Ágnes Mócsy, física teórica húngara-estadounidense e membro da American Physical Society, é profesoravisitante no Departamento de Física da Universidade de Yale e catedrática no Instituto Pratt de Brooklyn, en Nova York.

22 Outubro 2019

O vindeiro martes 22 de outubro de 9:00 a 14:00 horas o auditorio do CGAC acollerá unha xornada organizada pola Federación Autismo Galicia para reflexionar acerca das relacións entre autismo e cultura e promover a integración das persoas con trastornos do espectro do autismo (TEA) no ámbito da cultura.

30 Setembro 2019 - 17 Outubro 2019

A historia do século XX está atravesada polo drama de conflitos bélicos cuxo resultado foron millóns de persoas desprazadas, exiliadas, expatriadas e refuxiadas. Dramas colectivos e dramas individuais. A propia historia da humanidade construíuse a partir de experiencias como o desprazamento forzoso, a fuxida e o asilo. A exposición We Refugees retoma o título dun coñecido ensaio de Hannah Arendt publicado en 1943 en Menorah Journal,…

3 Outubro 2019

“Durante os meses de outubro e novembro de 2016 presentei, en colaboración co Festival Internacional de Arte e Dereitos Humanos ARTifariti, o proxecto READING_State of Siege. Este festival ten lugar cada ano nos campamentos de refuxiados saharauís de Tinduf en Alxeria".