Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

28 Novembro 2018 - 29 Maio 2019

O CGAC presenta un novo programa de educación artística dirixido a todos os públicos para a integración de persoas con diversidade funcional.

14 Maio 2019 - 19 Maio 2019

O 18 de maio, Día Internacional dos Museos, celebrarase este ano baixo o lema Os museos como eixes culturais: o futuro da tradición. Nesta edición, o ICOM (Consello Internacional de Museos) propón subliñar os novos papeis que desempeñan os museos como axentes activos nas súas comunidades. Con este fin e ao longo da semana, o CGAC programa diferentes sesións de cinema, música, talleres didácticos e visitas guiadas que fomentarán a…

7 Outubro 2018 - 7 Abril 2019

Coa chegada do outono estreamos unha nova edición do Filocafé no CGAC, coa colaboración da Asociación Galega da Crítica. A cita terá lugar o primeiro domingo de cada mes ás 18:30 horas (desde outubro ata abril) na Cantina do CGAC. Os filocafés son conversas públicas nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiaren inquietudes ou puntos de vista desde calquera área ou nivel de coñecemento.

23 Novembro 2018 - 22 Febreiro 2019

Na varanda é un programa educativo e de creación cuxo obxectivo é o encontro, o diálogo e o achegamento entre o museo e a veciñanza de Santiago de Compostela.

4 Decembro 2018 - 21 Decembro 2018

A construción da imaxe videográfica en Galicia desde os anos oitenta do século XX ata hoxe resolve algúns aspectos de carácter creativo, ideolóxico, de compromiso e reivindicación social, e por suposto estéticos —por tanto, de cultura visual entroncada coa cultura individual e colectiva—.

26 Setembro 2018 - 30 Setembro 2018

O Centro Galego de Arte Contemporánea celebra o seu 25 aniversario con música, obradoiros, danza, cinema e unha intervención lumínica de Javier Riera, que poñerá en valor a colaboración entre Álvaro Siza, arquitecto do CGAC, e a paisaxista galega Isabel Aguirre para crear o parque de Bonaval.

1 Outubro 2017 - 3 Xuño 2018

Un ano máis, o primeiro domingo de cada mes ás 18:30 h, desde outubro ata xuño (agás no mes de xaneiro), o CGAC organiza un filocafé na súa cafetaría. Este ano a Asociación Galega da Crítica unirase aos filocafés no CGAC.

14 Maio 2018 - 20 Maio 2018

Este ano o Consello Internacional de Museos (ICOM), que desde 1946 acompaña os axentes da comunidade museística na súa misión de preservar, conservar e transmitir os bens culturais, propón traballar arredor do lema Museos hiperconectados: enfoques novos, públicos novos. Cada 18 de maio, co obxectivo de subliñar o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade e da cultura, o CGAC súmase á celebración do Día Internacional dos…

20 Xuño 2013 - 14 Decembro 2017

Este xoves 20 de xuño ás 22:00 horas, o CGAC colabora coa USC pechando o ciclo de lecer e coñecemento Nerd Nites en Santiago de Compostela. A cita dará comezo na cafetería do CGAC para, se o tempo o permite, subir despois á terraza e contemplar o ceo con telescopios.