23- 31 outubro Organizadas conxuntamente polo Centro Galego de Arte Contemporánea, a Universidade de Santiago de Compostela, o Auditorio de Galicia e o Concello de Santiago, estas xornadas constitúen un exemplo de diálogo entre institucións esenciais da cidade de Santiago e contan tamén coas colaboracións fundamentais do Consorcio de Santiago, o Consorcio para Promoción da Música da Coruña, a Cidade de Cultura, a Xunta de Galicia, o…
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
O ciclo Música e arte: correspondencias sonoras continúa o seu diálogo entre a música e a arte do noso tempo a partir das exposicións que cada tempada desenvólvense no CGAC, centro que en 2012 constitúese nun verdadeiro espazo de creación musical. Vertixe Sonora, a ensemble encargada de organizar o ciclo, comisiona novas creacións a compositores de prestixio do panorama internacional coa premisa de transitar polas encrucilladas propostas polo…
Dirixido por Ángel Faraldo Con esta iniciativa preténdese formar un grupo de creación dixital colectiva no que se reúnan compositores, instrumentistas, artistas sonoros e/ou visuais, e persoas interesadas no eido da música contemporánea na súa máis ampla acepción. O contorno de programación musical Pure Data (Pd) servirá como base para presentar e explorar unha serie de técnicas e ferramentas para a creación de música electrónica experimental…
O corpo transparente é un taller de creación artística que, tomando como punto de partida o traballo desenvolvido pola artista donostiarra Esther Ferrer e as súas reflexións acerca da performance, ten como obxectivo fundamental compartir un tempo de experiencia creativa baseado na importancia do presente e na natureza comunicativa das prácticas performativas.
SANTIAGO DE LESTE A OESTE: CADERNO DE VIAXE 29 xuño O obxecto deste taller é sacar a creatividade que levamos dentro. Para iso, valerémonos do debuxo como instrumento de linguaxe porque o realmente importante é que os nosos debuxos falen por nós. Que a liña substitúa a letra. O que imos pór en práctica é unha actitude, máis que o desenvolvemento dunha aptitude. Consiste en deixar a mente en branco, non pensar, abrir todos os poros da…
O auditorio do CGAC acollerá o vindeiro xoves, 28 de xuño ás 21 horas a proxección do filme documental N-VI de Pela del Álamo. A fita, producida por Diplodocus Producións, é un percorrido polos seiscentos quilómetros da estrada nacional que durante anos conectaron Galicia e Madrid.
SEN MOVERTE DO SOFÁ O CGAC presenta o proxecto Sen moverte do sofá (proxecto orixinal de Arquitectives). Unha serie de talleres de arquitectura que pretenden dar a coñecer aos participantes diferentes cidades coa axuda doutros compañeiros do territorio español que, coma eles, forman parte do traballo. A través de conexións virtuais, os aprendices de arquitectura, investigan e intercambian información sobre os parecidos e as diferenzas entre…
23-25 maio Nos últimos anos, en paralelo á consolidación dun sistema institucional da arte, estamos a asistir ao nacemento de propostas colectivas de produción cultural catalogadas de alternativas ou independentes. O alternativo defínese aquí por contraposición ao institucional (cultura administrada desde unha estrutura estable e profesionalizada), malia que en moitos casos se pode dar un diálogo frutífero entre estes dous ámbitos. A…
O CGAC inicia unha nova convocatoria dos talleres de nadal, unha actividade xa clásica na programación do centro durante os meses de decembro e xaneiro. A oferta inclúe dous obradoiros que, centrados na fotografía e a arquitectura, procuran público de entre 7 e 12 anos.
