Este ciclo presenta catro traballos documentais co obxectivo de achegar a obra dos autores Lois Pereiro, Valentín Paz Andrade, Roberto Vidal Bolaño e Xosé María Díaz Castro, que protagonizaron as últimas edicións do Día das Letras Galegas. Gonzalo E. Veloso, director das catro películas, presenta ese achegamento a través de múltiples voces que percorren a vida e obra dos autores e constrúen, para cada un deles, un retrato calidoscópico único…
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
É The Iron Lady un dos actos máis obscenos do cine antipolítico dos que gardamos recordo, nacido do máis desenfadado reaccionarismo. A haxiografía de Margaret Thatcher, no seu basto acriticismo nunca suficientemente remarcado, sobrevoa de modo ladino a toda unha xeración de cineastas que utilizou a pantalla como defensa, como parapeto dende o cal exercer a autodefensa de todos os que se sentiron violentados pola contrarrevolución conservadora…
O taller que propoñemos non pretende atender a cuestións sexuais, senón a aquelas categorías nas que a sociedade e a sexualidade atoparon lugares para afianzarse como imaxes de perpetuidade. Reconstruíndo ou reinterpretando a cita de McLuhan, poderiamos dicir que a sexualidade sería a mensaxe.
Xa é curioso que un dos gags máis famosos da historia da comedia americana e universal, quizais o mellor punchline nunca escrito, fose á conta dun dos maiores tabús do século XX: a transexualidade ou, simplemente, o travestismo.
Como complemento á mostra 93, coa que o CGAC celebra o seu vixésimo aniversario, o centro organiza unha serie de encontros cos artistas presentes na exposición. A través deles pretende ofrecer unha visión xeral do contexto da arte a comezos dos anos noventa.
En máis dun sentido, interpretar a arte contemporánea é facer arte contemporánea. Incorporarse á intención ou ao discurso de cada peza é un xeito de completar a súa identidade.
As nove películas que conforman este primeiro ciclo de cinema do CGAC en 2014 abren as súas ás sobre o que foi o século XX italiano.
Coa chegada do nadal o CGAC presenta a súa proposta acostumada de actividades para nenos e nenas de 4 a 9 anos, que terán a oportunidade de vivir e explorar a arte contemporánea da man de artistas e doutros profesionais do mundo da cultura.
