Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

9 febreiro O auditorio do CGAC acollerá o Foro DAG: propostas de avance para o deseño, unha iniciativa da Asociación Galega de Deseñadores dirixida a todas as persoas interesadas no deseño e no papel que este debe xogar na sociedade actual.

Este venres, 25 de xaneiro, entre as 11 e as 13.30 horas celebraremos un taller experimental de arquitectura en colaboración co COAG (Colexio de Arquitectos de Galicia) e Asociación de Pais de Persoas con Transtorno de Espectro Autista.

21 e 26 decembro Fotografar un espazo de arte contemporánea, camiñar na procura da mirada persoal arredor das exposicións e do edificio de Álvaro Siza ou o parque de San Domingos de Bonaval é a proposta do fotógrafo Fuco Reyes (Santiago de Compostela, 1965) para esta sesión de achegamento que vincula imaxe e arquitectura.

Na véspera do Samaín, o artista madrileño Jack Mircala chega ao Centro Galego de Arte Contemporánea cargado coas súas cartolinas, lapis de cores, pegamentos, tesoiras e cutters, e disposto a desvelar os segredos que o converteron nun dos ilustradores máis orixinais do panorama español. O CGAC exhibirá asemade Baixada a Esquela, unha mostra das pequenas pezas tridimensionais que forman parte do proceso de creación deste artista. Caixas nas que…

31 outubro O seminario Surrealismo e cinema experimental desenvólvese arredor da mostra Eugenio Granell e o cine: unha película de vinte minutos, que se centra na produción fílmica do artista e completa un percorrido expositivo trazado na cidade de Santiago de Compostela con motivo do centenario do seu nacemento, ofrecendo unha visión poliédrica dun dos creadores e intelectuais máis completos da escena plástica da segunda metade do século…

Un ano máis o CGAC únese a celebración de Cineuropa, o festival cinematográfico compostelán que neste 2011 cumpre o seu 25 aniversario. As proxeccións terán lugar no auditorio do centro entre o 15 de novembro ao 2 de decembro. Podedes consultar toda a información sobre horarios e títulos no sitio web do festival.

Este xoves ás 19.30 horas o auditorio do centro acollerá unha conversa entre o artista, Jeff Wall, cuxa exposición será inaugurada o sábado, 12 de novembro. Xunto a el estarán o comisario da mostra, Joël Benzakin, e o director do CGAC, Miguel von Hafe Pérez. A entrada será de balde até completar aforo.

En colaboración co Festival Internacional de cine euroárabe de AMAL o CGAC acollerá o ciclo de curtametraxes experimentais entre o 22 e o 23 e do 25 ao 29 de outubro. As proxeccións terán lugar , de xeito ininterrompido, de 16 e as 20 horas no auditorio do centro. Entrada libre até completar aforo.

O ciclo Cines de Afganistán ten entre os seus obxectivos omitir os imaxinarios sociais a miúdo instrumentalizados a través dos patróns visuais que impoñen os medios de comunicación convencionais, cuxa percepción, en canto se refire ás mulleres afgás, tende a segregar as distintas realidades e situacións que viven e, en consecuencia, a afogar as resistencias como posibilidades para xerar un futuro propio.