Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

12 Abril 2011 - 29 Novembro 2011

No ano 2011 van ser tres as mostras do CGAC que lerán o seu contrapunto musical no ciclo de concertos deseñado por fonos21: unha exposición sobre a artista italobrasileira Anna Maria Maiolino, producida pola Fundación Tapies en colaboración co CGAC e o Malmö Konsthalle; unha mostra colectiva titulada Estcdes preparados para a televisión? e coproclucida polo CGAC e o MACBA de Barcelona, e por último, a mostra individual do artistc…

1 Xullo 2011 - 31 Xullo 2011

Como todos os anos o CGAC presenta a súa oferta de talleres para nenos e nenas durante o verán, nesta ocasión organizados para o mes de xullo. Con eles invitamos os pequenos a participaren en diversas experiencias artísticas en relación coa arte contemporánea, que é moito máis que simple visualización, polo que traballarán con sensacións, estímulos e reflexións culturais, buscando as súas propias formas de expresión, dirixidos por dúas…

30 Marzo 2011

Este proxecto, organizado xunto á Asociación Cultural Sen Marco, trata de aplicar as teorías artísticas de Mónica Alonso e nace co desexo de poñer as manifestacións artísticas contemporáneas ao servizo dos nenos e nenas hospitalizados/as e dos seus familiares, nun intento por mellorar a súa calidade de vida durante unha situación sempre difícil. Ao involucrar os nenos e nenas no proceso creativo que supón a realización dunha obra de arte…

29 Marzo 2011

O CGAC organiza un seminario dirixido a docentes de educación primaria, e educadores sociais e de museos que orienten o seu traballo cara á busca de espazos de intersección entre os ámbitos da arte e da educación. Partindo dunha revisión crítica, Ana Angélica Albano explicará algúns dos proxectos sociais de iniciación artística que desenvolveu en diversas comunidades do Brasil. Espazos de posibilidades para a aprendizaxe, a experimentación e…

16 Novembro 2010 - 3 Decembro 2010

COLABORACIÓN CON CINEUROPA 16 novembro - 3 decembro O CGAC acollerá en vindeiras semanas varias proxeccións de documentais sobre artistas plásticos portugueses e españois. O ciclo intégrase dentro da programación de Cineuropa, festival co que o centro volve colaborar nesta XXIV edición.As fitas seleccionadas son un total de dez e as súas proxeccións, con entrada de balde, terán lugar no Auditorio do CGAC, entre o martes 16 de novembro e o…

1 Xuño 2010

1-3 de xuñoNo marco da exposición In Search of the Miraculous: trinta anos despois celebrarase un seminario centrado na vida e a obra do artista holandés Bas Jan Ader. A actividade, impartida polos artistas e investigadores Marion van Wijk e Koos Dalstra, desenvolverase entre o día 1 e 3 de xuño. Como complemento ao mesmo o xoves a partir das 19 horas terán lugar unha conferencia a cargo dos dous especialistas holandeses, e a proxeccióndo…

21 Abril 2010

A URXENCIA DO DISCURSO29-30 abril, 6-7 maio Nun momento en que a banalización dos significados, imposta pola presión do novo e pola primacía do visual, pode pór en perigo a densidade de discursos que requiren unha velocidade de aprehensión máis lenta e esixente, urxe dar espazo a un tipo de reflexión que logre escapar da ditadura do sound bite. A urxencia do discurso ofrécenos unha ocasión privilexiada para a audición desacelerada do…

As conversas colectivas son accións que buscan integrar a escritura e a súa emisión sonora a través da voz e da fala, en relación cos distintos niveis discursivos que están presentes na obra de arte contemporánea. Construídas sempre en grupo, de maneira multivocal e polifónica, e buscando actuar no campo de emisión rítmica da instalación presente no espazo expositivo —xunto aos diagramas e os obxectos—, as conversas colectivas desenvólvense…

30 abril O CGAC acolle a presentación do documental The Ghost of Piramida, unha película de Andreas Koefoed sobre a visita que o grupo danés Efterklang realizou en Piramida, preto do Polo Norte, para crear o seu último disco. A partir das 20.30 h. Entrada de balde até completar a capacidade do auditorio.