Xa chegou o verán e con el unha nova edición dos talleres de lecer no CGAC. As actividades que imos desenvolver este ano propoñen un achegamento, baseado na experimentación, ás diferentes manifestacións artísticas contemporáneas. Cada proposta está pensada para que as persoas participantes afonden na creación contemporánea e gocen con ela, vivíndoa. Coñecer a linguaxe e as múltiplas ferramentas que se poden empregar na arte…
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
A aparición e o auxe dos novos medios como internet ou os videoxogos a finais do século pasado provocaron que a televisión se desprazase do centro do ecosistema mediático. Os novos contornos supuxeron para os medios clásicos unha necesidade de adaptación á realidade emerxente. A televisión non foi allea a estes cambios, a estes novos consumidores de contidos chegados do mundo dixital. Foi necesaria a elaboración dunha nova estratexia…
Até o vindeiro 15 de xuño, o CGAC acolle a exposición 100 anos con Alejandro de la Sota, na que se reflexiona sobre a figura, a obra e a actualidade do legado deste mestre da arquitectura contemporánea española. A exposición reúne debuxos, bosquexos, fotografías das obras e abundante material biográfico, ademais de maquetas e mobles deseñados polo propio artista.
Novas citas dentro do ciclo de visitas guiadas conducidas por profesionais do ámbito cultural e artístico.
Se hai un cineasta que encarna a vocación reflexiva da modernidade ese é Chris Marker (Neuilly-sur-Seine, 1921 - París, 2012). A partir do diálogo entre textos de gran poder evocador e as artes visuais, Marker concibe a imaxe en múltiples formatos e rexistros e fragua un itinerario estético que gravita sobre o que André Bazin cualificou de “cinema-ensaio”. Para Marker as imaxes constitúen a única memoria plausible do tempo, e isto…
A irrupción de internet, ou os avances tecnolóxicos que hoxe permiten e pautan o rexistro e a reprodución de imaxes e sons, provocou un xiro evidente na relación que vincula a imaxe cos seus potenciais consumidores. Entre as cuestións que esta nova dispoñibilidade trae consigo, é oportuno incidir no modo en que innumerables procedementos de xestión e difusión de imaxes a nivel industrial ou doméstico se ven hoxe ameazados por…
Este ciclo presenta catro traballos documentais co obxectivo de achegar a obra dos autores Lois Pereiro, Valentín Paz Andrade, Roberto Vidal Bolaño e Xosé María Díaz Castro, que protagonizaron as últimas edicións do Día das Letras Galegas. Gonzalo E. Veloso, director das catro películas, presenta ese achegamento a través de múltiples voces que percorren a vida e obra dos autores e constrúen, para cada un deles, un retrato calidoscópico único…
É The Iron Lady un dos actos máis obscenos do cine antipolítico dos que gardamos recordo, nacido do máis desenfadado reaccionarismo. A haxiografía de Margaret Thatcher, no seu basto acriticismo nunca suficientemente remarcado, sobrevoa de modo ladino a toda unha xeración de cineastas que utilizou a pantalla como defensa, como parapeto dende o cal exercer a autodefensa de todos os que se sentiron violentados pola contrarrevolución conservadora…
O taller que propoñemos non pretende atender a cuestións sexuais, senón a aquelas categorías nas que a sociedade e a sexualidade atoparon lugares para afianzarse como imaxes de perpetuidade. Reconstruíndo ou reinterpretando a cita de McLuhan, poderiamos dicir que a sexualidade sería a mensaxe.
