Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

3 Xuño 2015 - 4 Xuño 2015

O saxofonista, compositor e profesor Jorrit Dijkstra impartirá unha clase maxistral durante dous días na que abordará formas de improvisación colectiva en formato ensemble. A actividade xirará arredor dun conxunto de exercicios sobre técnicas de improvisación nos que os participantes poderán aprender a tocar nun grupo reforzando a súa comunicación. Poderán elaborar formas musicais no aquí e o agora, partindo dunha simple melodía…

18 Maio 2015 - 24 Maio 2015

Co motivo do Día Internacional dos Museos o 18 de maio, o CGAC programa durante toda a semana, actividades de diversas disciplinas. Comezamos o luns cunha xornada de portas abertas. E ao longo destes días de celebración, o público poderá gozar ademais, dunha proposta de geocaching á busca de mensaxes ocultas, un taller co artista Luis Díaz Díaz dirixido a fotógrafos, unha conversa sobre o cinema occidental e oriental a cargo de José…

23 Maio 2015
O ciclo Música e arte: correspondencias sonoras, convertido nun referente da creación musical contemporánea internacional, conta coa participación de compositores de todo o mundo e con máis de corenta estreas absolutas nas súas seis edicións no Centro Galego de Arte Contemporánea.
22 Outubro 2014 - 20 Maio 2015

Este curso traza un panorama xeral sobre a revolución que supuxeron os novos cinemas nos anos sesenta, as súas intuicións na década dos cincuenta e os seus ecos na posterior década dos setenta. Unha revolución que se opuxo ao chamado cinema clásico e que marcou o comezo da modernidade, ese movemento que supuxo, en palabras de Domènec Font, “unha auténtica sismografía no interior dese edificio que chamamos Historia do cinema”.

18 Maio 2015 - 19 Maio 2015

Neste obradoiro, dirixido a afeccionados e a profesionais do medio fotográfico, da arquitectura e do deseño, estudaremos os códigos técnicos e visuais propios da fotografía arquitectónica e realizaremos un exercicio práctico que consistirá nunha reportaxe sobre o edificio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), proxectado polo arquitecto portugués Álvaro Siza.

17 Abril 2015 - 25 Abril 2015

O primeiro día de colexio ensínannos a xuntar as consoantes coas vogais, ensínannos a interpretar e máis tarde a asociar esta aprendizaxe co mundo que nos rodea. Ao abrir un libro podemos interpretar páxina a páxina sen necesidade de ter diante cada un dos obxectos, imaxes e situacións necesarios para poder recrear a narración.

7 Maio 2015 - 8 Abril 2015

O CGAC presenta a segunda edición das Xornadas Insultarte, dirixidas polos artistas Vanesa Castro, Iñaki López e Juan Lesta. Unha proposta completa de actividades destinada a estudantes e traballadores dos ámbitos da cultura e da creación co obxectivo de orientalos sobre cuestións laborais, fiscais e de xestión.

15 Xaneiro 2015 - 27 Marzo 2015

Imos comezar polo final da historia. En 1980, a industria de Hollywood, o establishment, dá un golpe de man e manda parar a revolta iniciada doce anos antes, cando un grupo de novos cineastas irredentos se fixo co poder de facto nos grandes estudos, subidos na crista da onda dos seus éxitos de vendas e da contracultura derivada do maio do 68.

27 Xaneiro 2015 - 10 Febreiro 2015

Novas citas do ciclo de visitas guiadas conducidas por profesionales do ámbito cultural e artístico para as exposicións A orde das primeiras cousas e máis É Capital.