Os mércores e xoves do mes de xullo e en colaboración co Centro de Linguas Modernas da USC, a Embaixada de Australia e ASBA (Australia Spain Business Association), o CGAC programa, baixo as estrelas, sete películas dos cineastas Stephan Elliott, Bruce Beresford, David Michôd, Peter Weir, Ray Lawrence, Ted Kotcheff e Simon Wincer.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
El Documental del Mes é unha iniciativa da produtora Parallel 40, nacida no ano 2004 no marco do proxecto europeo CinemaNet Europe.
Mentres sucede. Derivas do presente pretende dar respostas sobre os lugares e as ideas da creación, nun ciclo de conferencias que xira sobre as distintas visiónsdo mundo artístico contemporáneo: Cales son as novas etiquetas do presente? Como resiste a crítica? Por que seguimos a desexar marcar novas tendencias? Cales son os novos desafíos do museo e as galerías? Como se ve e se escribe fronte e desde o presente?
Os mundos cambian, e ao facelo poden levar por diante as linguas e as culturas que os habitantes deses mundos non dean adaptado ás novas realidades. As causas desa crise adoitan ser diversas e as explicacións poden culpabilizar o inimigo exterior ou buscar tamén a parte de responsabilidade da sociedade e das institucións con que se goberna. Linguas e culturas deben procurar a cada momento o seu lugar nun contexto que está en…
En plena primavera chegan novas citas do Programa de visitas guiadas conducidas por profesionais do ámbito cultural e artístico.
O saxofonista, compositor e profesor Jorrit Dijkstra impartirá unha clase maxistral durante dous días na que abordará formas de improvisación colectiva en formato ensemble. A actividade xirará arredor dun conxunto de exercicios sobre técnicas de improvisación nos que os participantes poderán aprender a tocar nun grupo reforzando a súa comunicación. Poderán elaborar formas musicais no aquí e o agora, partindo dunha simple melodía…
Co motivo do Día Internacional dos Museos o 18 de maio, o CGAC programa durante toda a semana, actividades de diversas disciplinas. Comezamos o luns cunha xornada de portas abertas. E ao longo destes días de celebración, o público poderá gozar ademais, dunha proposta de geocaching á busca de mensaxes ocultas, un taller co artista Luis Díaz Díaz dirixido a fotógrafos, unha conversa sobre o cinema occidental e oriental a cargo de José…
Este curso traza un panorama xeral sobre a revolución que supuxeron os novos cinemas nos anos sesenta, as súas intuicións na década dos cincuenta e os seus ecos na posterior década dos setenta. Unha revolución que se opuxo ao chamado cinema clásico e que marcou o comezo da modernidade, ese movemento que supuxo, en palabras de Domènec Font, “unha auténtica sismografía no interior dese edificio que chamamos Historia do cinema”.
