Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

30 Novembro 2017 - 2 Decembro 2017

O segundo congreso sobre performance Fugas e interferencias, organizado pola Universidade de Vigo en colaboración co CGAC, terá lugar do 30 de novembro ao 2 de decembro de 2017 nas cidades de Pontevedra (Casa das Campás) e Santiago de Compostela (CGAC).

7 Novembro 2017 - 28 Novembro 2017

Entre o 7 e o 28 de novembro volve o Festival Cineuropa, este ano na súa 31 edición. Como ven sendo habitual o CGAC convertiráse nunha das súas sedes e acollerá parte da súa programación fílmica.

24 Novembro 2017 - 25 Novembro 2017

Nos últimos anos puidemos comprobar como, á vez que se consolidaban as titulacións de Historia da Arte e de Belas Artes, os museos e centros desenvolvían distintas metodoloxías no seu traballo de investigación sobre creación contemporánea.

7 Outubro 2017 - 25 Novembro 2017

Entre os meses de outubro e novembro terá lugar unha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea. Unha actividade estruturada arredor de varios concertos nos que a transversalidade da música e a súa relación con outras artes cobra protagonismo.

27 Setembro 2013 - 16 Novembro 2017

A música contemporánea é un campo en transformación constante, as novas ideas xeran novas formas musicais que precisan novas ferramentas e iso será o que amosarán ao público estas Xornadas de Música Contemporánea que se enriquecen con achegas xurdidas en Galicia (que nos últimos anos se converteu nun activo referente neste eido coa creación de novos conxuntos especializados na música contemporánea) como as de Vertixe Sonora Ensemble, o Taller…

1 Outubro 2017 - 8 Outubro 2017

Un ano máis o CGAC colabora co festival internacional de cine Curtocircuíto na súa 14ª edición.

6 Setembro 2017 - 10 Setembro 2017

WOS é un encontro de caracter anual que defende una visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal pero cunha clara vocación multidisciplinar, promove, a partir dun contexto íntimo, a busca e difusión de novas propostas culturais.

4 Xullo 2017 - 28 Xullo 2017

Un ano máis o CGAC presenta unha oferta de talleres para o tempo de lecer que se desenvolverán ao longo do mes de xullo. Unha proposta chea de actividades dirixidas ao público de todas as idades co obxectivo de espertar a curiosidade e o interese polo contorno máis inmediato dando renda solta ás súas enerxías creativas.Este ano centrarémonos especialmente nos procesos de creación a través do audiovisual traballando con tabletas, cámaras de…

11 Xullo 2017 - 14 Xullo 2017

Con motivo da exposición Bañistas, ensaio visual de fotografía anónima atopada na que o comisario Xosé Manuel Buxán Bran recupera material fotográfico abandonado, o CGAC programa, no marco dos Talleres de Lecer, un taller de found footage dirixido por Javier Trigales.