O arquitecto Fermín Blanco, a través do equipo didáctico do Sistema Lupo, propón unha serie de talleres de arquitectura dirixidos ao público infantil. O obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as claves necesarias para interpretar a arquitectura contemporánea mediante o legado das figuras máis relevantes do noso tempo neste eido.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
O CGAC e o Cineclube de Compostela programan unha nova edición do Cine de Verán. Este ano, no cinema ao aire libre, proxectaremos Fóra de contexto. Ciclo de cine turista, dirixido por Cibrán Tenreiro. As noites dos mércores e xoves do mes de xullo a partir das 22:30 h poderemos gozar de seis grandes títulos do cinema internacional que ofrecen unha particular mirada arredor da figura do turista e da viaxe.
O CGAC presenta un novo ciclo de talleres de experimentación artística dirixidos a familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 eos 9 anos. Os pequenos e pequenas poderán descubrir, crear e gozar en familia e achegarse xuntos ao fascinante universo da arte contemporánea. Nesta nova edición de Talleres para familas traballaremos a relación que existe entre o corpo e arte contemporánea. Coñeceremos as miradas de cinco artistas…
O primeiro domingo de cada mes ás 18:30, desde setembro ata xuño (agás nos meses de decembro e xaneiro), o CGAC organiza un filocafé na súa cantina. Os filocafés son conversas públicas cun enfoque filosófico nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde calqueradisciplina ou nivel de coñecemento.
A historia da humanidade é tamén a historia da mirada. Da luz das estrelas ás sombras das cavernas, o ser humano tratou sempre de ver máis aló, de transcender a súa realidade cotiá. E coa súa insaciable pulsión escópica, coa súa resistencia a pechar os ollos, naceron tamén a ilusión, o soño e a fantasía: o desexo, en definitiva. O cinema chegou moito despois, como prolongación natural dese desexo.
Coa finalidade de sensibilizar o público respecto do papel que lles corresponde aos museos no desenvolvemento da sociedade, o 18 de maio celebramos o Día Internacional dos Museos. Desde 1992, o Consello Internacional de Museos (ICOM) propón un lema anual arredor do cal se reúnen todos os membros da comunidade museística internacional, calquera que sexa a súa natureza. O tema proposto para o ano 2017 é Museos e historias controvertidas: diciro…
Tentativas críticas. Debates é o núcleo discursivo e teórico do proxecto expositivo (Ex)posicións críticas, que se completa coa edición de tres números dunha revista onde, entre outros contidos e xunto coas intervencións dos participantes nas mesas, se publicarán os diálogos dos comisarios do proxecto con Jesús Palomino, María de Corral e Simón Marchán. En ningún caso deben entenderse como actividades paralelas ou complementarias, senón como…
Con motivo do Día Internacional de Concienciación do Autismo (2 de abril) e do Día das Artes Galegas (1 de abril), o CGAC programa varios talleres en colaboración con Aspanaes (Asociación de Pais dePersoas con Trastorno do Espectro Autista).
Un ano máis o CGAC colabora coa Universidade de Santiago de Compostela na programación das Nerd nites. Nas Nerd nites, as persoas convidadas falan co público das disciplinas que os apaixonan nun ton distendido e fóra do ámbito académico. Son conversas sobre literatura, política, medicina, matemáticas, bioloxía, arte… dirixidas por expertos nas materias e que teñen como premisa a sinxeleza de conceptos e de contidos.
