Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

26 Maio 2016 - 27 Maio 2016

O taller que propón Marisa González (Bilbao, 1945), desenvolverase ao redor da súa práctica artística no marco da exposición Rexistros domesticados, que pode visitarse no CGAC ata o 19 de xuño de 2016.

18 Maio 2016 - 22 Maio 2016

Con motivo do Día Internacional dos Museos (DIM), o 18 de maio, o CGAC propón unha semana de actividades para diversos públicos. O ICOM (Consello Internacional de Museos) é unha organización internacional de museos e profesionais dirixida á conservación, mantemento e comunicación do patrimonio natural e cultural do mundo, presente e futuro, tanxible e intanxible. O lema que o ICOM propón este ano 2016 para celebrar o día é Museos e paisaxes…

28 Outubro 2015 - 11 Maio 2016

A chegada do século XXI non só non supuxo a enésima morte do cinema senón que inaugurou a última (polo de agora) das súas moitas vidas. Unha nova etapa de apaixonantes transformacións non só tecnolóxicas (cinema dixital, 3D, distribución por Internet...) senón tamén xeográficas (eclosión de Asia, da América latina ou dos países do Leste), de cambios no propio estatuto das imaxes (imaxe dixital fronte a imaxe fílmica) ou na…

1 Xaneiro 2016 - 30 Abril 2016

El Documental del mes é unha iniciativa da produtora Parallel 40, nacida no ano 2004 no marco do proxecto europeo CinemaNet Europe. Ten como obxectivo achegar o xénero documental ao maior número de espectadores posible e incrementar a presenza do documental europeo nas pantallas cinematográficas. Inclúe a estrea dun filme documental de calidade, de temática e procedencia diversa en 45 cidades españolas e, desde 2009, tamén de Chile e…

7 Abril 2016

Coa intención de promover encontros para a reflexión entre os profesionais do sector, o IAC organiza desde 2014 mesas redondas abertas ao público en colaboración con distintas institucións españolas dedicadas á arte contemporánea.

1 Abril 2016 - 2 Abril 2016

Tomando como punto de partida a actitude crítica do artista para con todo o relacionado coa arte e a sociedade que a promove de forma recorrente, este laboratorio pretende, máis alá de calquera cuestionamento das actitudes máis acomodaticias do sistema, indagar sobre as evidentes necesidades dun futuro tan incerto coma urxente.

30 Marzo 2016

Por cuarto ano consecutivo o CGAC colabora coa Universidade de Santiago de Compostela no desenvolvemento das nerd nites.

22 Decembro 2015 - 30 Decembro 2015

Para este Nadal o CGAC programou dous obradoiros dirixidos a nenos e nenas entre os 4 e os 9 anos. As actividades xirarán arredor da pintura, a escritura, as viaxes emocionais, a poesía, a natureza, os camiños, as pegadas e outras ideas que se desprenden da exposición Interaccións, do artista Javier Vallhonrat, que poderá visitarse no CGAC até o 27 de marzo de 2016.

29 Setembro 2015 - 29 Decembro 2015

El Documental del Mes é unha iniciativa da produtora Parallel 40, nacida no ano 2004 no marco do proxecto europeo CinemaNet Europe. Ten como obxectivo achegar o xénero documental ao maior número de espectadores posible e incrementar a presenza do documental europeo nas pantallas cinematográficas. Inclúe a estrea dun filme documental de calidade, de temática e procedencia diversa en 45 cidades españolas e, desde 2009, tamén de Chile e…