Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

7 Xullo 2015 - 31 Xullo 2015

Estes talleres ofrécenlles aos máis novos unha oportunidade única para establecer contacto directo con profesionais de diferentes ámbitos da cultura e da arte, ao tempo que promoven o coñecemento activo dalgúns dos procesos de creación característicos do noso tempo.

8 Xullo 2015 - 29 Xullo 2015

Os mércores e xoves do mes de xullo e en colaboración co Centro de Linguas Modernas da USC, a Embaixada de Australia e ASBA (Australia Spain Business Association), o CGAC programa, baixo as estrelas, sete películas dos cineastas Stephan Elliott, Bruce Beresford, David Michôd, Peter Weir, Ray Lawrence, Ted Kotcheff e Simon Wincer.

24 Marzo 2015 - 30 Xuño 2015

El Documental del Mes é unha iniciativa da produtora Parallel 40, nacida no ano 2004 no marco do proxecto europeo CinemaNet Europe.

5 Maio 2015 - 22 Xuño 2015

Mentres sucede. Derivas do presente pretende dar respostas sobre os lugares e as ideas da creación, nun ciclo de conferencias que xira sobre as distintas visiónsdo mundo artístico contemporáneo: Cales son as novas etiquetas do presente? Como resiste a crítica? Por que seguimos a desexar marcar novas tendencias? Cales son os novos desafíos do museo e as galerías? Como se ve e se escribe fronte e desde o presente?

7 Marzo 2015 - 20 Xuño 2015

Os mundos cambian, e ao facelo poden levar por diante as linguas e as culturas que os habitantes deses mundos non dean adaptado ás novas realidades. As causas desa crise adoitan ser diversas e as explicacións poden culpabilizar o inimigo exterior ou buscar tamén a parte de responsabilidade da sociedade e das institucións con que se goberna. Linguas e culturas deben procurar a cada momento o seu lugar nun contexto que está en…

9 Xuño 2015 - 18 Xuño 2015

En plena primavera chegan novas citas do Programa de visitas guiadas conducidas por profesionais do ámbito cultural e artístico.

3 Xuño 2015 - 4 Xuño 2015

O saxofonista, compositor e profesor Jorrit Dijkstra impartirá unha clase maxistral durante dous días na que abordará formas de improvisación colectiva en formato ensemble. A actividade xirará arredor dun conxunto de exercicios sobre técnicas de improvisación nos que os participantes poderán aprender a tocar nun grupo reforzando a súa comunicación. Poderán elaborar formas musicais no aquí e o agora, partindo dunha simple melodía…

18 Maio 2015 - 24 Maio 2015

Co motivo do Día Internacional dos Museos o 18 de maio, o CGAC programa durante toda a semana, actividades de diversas disciplinas. Comezamos o luns cunha xornada de portas abertas. E ao longo destes días de celebración, o público poderá gozar ademais, dunha proposta de geocaching á busca de mensaxes ocultas, un taller co artista Luis Díaz Díaz dirixido a fotógrafos, unha conversa sobre o cinema occidental e oriental a cargo de José…

23 Maio 2015
O ciclo Música e arte: correspondencias sonoras, convertido nun referente da creación musical contemporánea internacional, conta coa participación de compositores de todo o mundo e con máis de corenta estreas absolutas nas súas seis edicións no Centro Galego de Arte Contemporánea.