No mes de setembro comeza a segunda parte da edición de 2015 do ciclo Música e arte: correspondencias sonoras, un encontro entre a música e a arte do noso tempo cuxo obxectivo é dar a coñecer as últimas tendencias musicais e escénicas e os compositores máis relevantes do novo panorama musical. Con este fin, Vertixe Sonora encárgalle á actual xeración de compositores obras especificamente creadas a partir das exposicións do CGAC.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
Entendo todo proxecto artístico como un espazo complexo onde se activan e interactúan múltiples argumentos e tramas conceptuais, formais e vitais. Estes contidos e tramas necesitan ser activados desde o exercicio da creatividade, entendida como un conxunto de capacidades e procesos que despregamos a través da exploración, a experimentación e o xogo.
No taller búscase que, mediante o diálogo, as persoas participantes vaian comprendendo que hai sutís decisións que afectan ao sentido da obra e o modifican. Dado que todo acto creativo é extremadamente complexo, requírese de distintos enfoques para ir descubrindo as razóns das decisións que imos tomando no proceso; por iso indagaremos sobre o sentido dasnosas ideas estéticas, as intencións conceptuais destas e as cargas emocionais que…
Entre o 6 e o 29 novembro volve o festival Cineuropa, este ano na súa 29.ª edición. Como vén sendo habitual o CGAC converterase nunha das súas sedes e acollerá parte da súa programación fílmica.
Na súa terceira edición, a feira de arte contemporánea Cuarto Público consolida o seu apoio á produción artística cunha nova convocatoria aberta de participación: o I Encontro de Performance Cuarto Público.
Coincidindo coa exposición Arissa. A sombra e o fotógrafo. 1922-1936, o CGAC presenta un ciclo de intervencións e comunicacións que abordarán como a investigación e valorización de distintos arquivos fotográficos históricos permitiu establecer unha nova lectura e interpretación de diversos autores.
O CGAC participa na cuarta edición das Xornadas de Música Contemporánea que, desde os anos noventa, teñen lugar na cidade de Santiago de Compostela co obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación no ámbito musical.
WOSINC é un encontro de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal pero cunha clara vocación multidisciplinar, promove, a partir dun contexto íntimo, a procura e difusión de novas propostas culturais
Un ano máis o CGAC colabora co festival internacional de cine Curtocircuíto na súa 12ª edición.
O festival naceu en Santiago de Compostela no ano 2003 como unha iniciativa do concello da cidade coa intención de potenciar a creación cinematográfica no ámbito da curtametraxe.
