Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

28 Setembro 2016 - 10 Novembro 2016

A televisión é esencial para entender a evolución histórica da imaxe e da cultura audiovisual. Desde o seu nacemento revelouse como o medio de comunicación de masas máis influínte debido á súa inmediatez e a unha capacidade case innata por adaptarse aos gustos do espectador.

3 Outubro 2016 - 9 Outubro 2016

Un ano máis o CGAC colabora co festival internacional de cine Curtocircuíto na súa 13ª edición. O festival naceu en Santiago de Compostela no ano 2003 como unha iniciativa do concello da cidade coa intención de potenciar a creación cinematográfica no ámbito da curtametraxe.

17 Marzo 2016 - 22 Setembro 2016

Estes encontros pretenden ser un lugar de traballo e reflexión ao redor do presente e do futuro dos centros e institucións de arte contemporánea. Nun momento de cambios, tanto na esfera social e política coma na dirección do propio CGAC e doutras institucións públicas galegas, cremos oportuna esta cita para falar sobre o modelo de museo que queremos e necesitamos, compartindo experiencias de profesionais da escena galega e tamén de fóra de…

7 Setembro 2016 - 11 Setembro 2016

WOSINC é un encontro de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal pero cunha clara vocación multidisciplinar, promove, a partir dun contexto íntimo, a procura e difusión de novas propostas culturais.Música, artes visuais, cinema, artes escénicas, coloquios, conferencias e gastronomía danse cita do 7 ao 11 de setembro en dez espazos emblemáticos de Santiago de Compostela…

5 Xullo 2016 - 29 Xullo 2016

Como cada ano, o CGAC presenta unha oferta de talleres para nenos e nenas durante o verán, que se desenvolverán, nesta ocasión, ao longo do mes de xullo. Con eles convidamos os pequenos a participaren en diversas experiencias artísticas enrelación coa arte contemporánea.

6 Xullo 2016 - 28 Xullo 2016

Comeza o verán e con el as sesións de cinema ao aire libre no CGAC, este ano cun ciclo dedicado ao cinema checo con películas vinculadas, na súa maioría, ao movemento da Nová vlna, a Nova Onda Checa.

14 Agosto 2016 - 14 Xullo 2016

No bienio 2016-2018, o Teatro Real celebra o bicentenario da súa fundación e o vixésimo aniversario da súa reinauguración levando a ópera á rúa, con retransmisións de producións propias en institucións e centros culturais e artísticos de toda España, e en pantallas situadas en prazas, rúas e demais lugares públicos.

3 Abril 2016 - 5 Xuño 2016
DATAS: domingos 3 de abril, 1 de maio e 5 de xuño
HORARIO: 18:30 horas
Entrada libre e gratuíta

O primeiro domingo de cada mes ás 18:30 o CGAC organizará un filocafé na súa cantina.
27 Febreiro 2016 - 29 Maio 2016

MANIFESTA, IMAXINA, EXPERIMENTA, SINTE!O arquitecto Fermín Blanco, a través do equipo didáctico de Sistema Lupo, propón unha serie de talleres de arquitectura dirixidos ao público infantil. O obxectivo é proporcionarlles aosnenos e nenas as claves necesarias para interpretar a arquitectura contemporánea mediante o legado das figuras máis relevantes do noso tempo neste eido.