Con motivo da clausura da exposición Cut Through the Fog o CGAC organiza unha charla sobre arquitectura vinculada á obra da artista Eva Lootz.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
CICLO NOVO CINEMA GALEGO 28 abril - 16 xuño O éxito do filme Todos vós sodes capitáns na Quincena de Realizadores de Cannes 2010, co seu director, o galego Oliver Laxe, convertido no único representante español no festival, puxo de manifesto a existencia dunha nova xeración de creadores cinematográficos no noso país. As obras máis interesantes, as que teñen maior repercusión fóra de Galicia, están feitas á marxe da industria por un grupo…
Ruraldecolonizado é un proxecto que parte da seguinte cuestión: están a ser os coñecementos xerados dende o medio rural marxinados en favor dos que proveñen das cidades? Mediante a metodoloxía das conversas camiñadas foise tratando de responder a esta pregunta coa axuda de veciños e veciñas de zonas rurais do nordés ibérico. O proxecto baséase no entendemento das devanditas zonas rurais non so como espazos de produción de alimentos e materias…
Este Nadal o CGAC prepárase para acoller dous talleres dirixidos a nenos e nenas de entre 4 e 9 anos arredor das suxestivas exposicións das artistas Eva Lootz e Berta Cáccamo.
O CGAC en colaboración coa USC presenta a sexta edición do ciclo Música e arte. Correspondencias sonoras. Un encontro entre a música e a arte do noso tempo no que teñen cabida todas as expresións creativas actuais. O obxectivo do proxecto é dar a coñecer as estéticas máis avanzadas, os compositores máis destacados do novo panorama musical e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música. Baixo o comisariado de Vertixe…
A artista Rebeca Mariño propón un ciclo de talleres de experimentación artística dirixido a familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 9 anos. Un momento paradescubrir, crear e gozar en familia arredor da arte contemporánea.
O CGAC participa na quinta edición das Xornadas de Música Contemporánea que, desde os anos noventa, teñen lugar na cidade de Santiago de Compostela co obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación no ámbito musical.
Entre o 8 e o 27 de novembro volve o Festival Cineuropa, este ano na súa 30.ª edición. Como vén sendo habitual o CGAC converterase nunha das súas sedes e acollerá parte da súa programación fílmica.
Wolframio é un proxecto en curso iniciado por Eva Lootz con motivo da exposición Cut Through the Fog. Trátase dun traballo de investigación que indaga no papel das minas de volframio en Galicia durante a Segunda Guerra Mundial, así como nas repercusións que a extracción dese metal tivo no tecido social galego.
