O CGAC participa na cuarta edición das Xornadas de Música Contemporánea que, desde os anos noventa, teñen lugar na cidade de Santiago de Compostela co obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación no ámbito musical.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
WOSINC é un encontro de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal pero cunha clara vocación multidisciplinar, promove, a partir dun contexto íntimo, a procura e difusión de novas propostas culturais
O saxofonista, compositor e profesor Jorrit Dijkstra impartirá unha clase maxistral durante dous días na que abordará formas de improvisación colectiva en formato ensemble. A actividade xirará arredor dun conxunto de exercicios sobre técnicas de improvisación nos que os participantes poderán aprender a tocar nun grupo reforzando a súa comunicación. Poderán elaborar formas musicais no aquí e o agora, partindo dunha simple melodía…
No mes de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos e co apoio da Universidade de Santiago de Compostela, comeza a V edición de Música e arte: correspondencias sonoras. O programa deste ciclo de creación, que promove o diálogo entre a música e a arte do noso tempo, ten como punto de partida as exposicións de Diego Santomé, Rosângela Rennó e Carlos León que albergará o CGAC no segundo semestre de 2014.
Filippos Tsitsopoulos (Atenas, 1967). É un artista multidisciplinar. Estudou Pintura na Universidad Aristoteleion de Tesalónica e posteriormente o doutoramento na Universidade Complutense de Madrid. As súas obras toman forma de instalación, vídeo-teatro e media art.
O vindeiro 3 de outubro comeza unha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea. Ao longo de todo o mes, haberá máis de dezaoito concertos que recollen as últimas tendencias e novidades no terreo da música contemporánea.
De corpo en lugar é un programa internacional de artes vivas no espazo museístico articulado arredor das propostas performativas Ministerio de Asuntos do Movemento (BMfB), da performer austríaca Amanda Piña, e thinging bodies, da artista turca Ayşe Orhon.
Música e arte. Correspondencias sonoras, continúa o seu diálogo entre a música e a arte do noso tempo a partir das exposicións que cada tempada se desenvolven no CGAC. Con esta nova edición, o ciclo consolídase como unha das citas máis relevantes da creación musical en Galicia.
