Entre os meses de outubro e novembro terá lugar unha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea. Unha actividade estruturada arredor de varios concertos nos que a transversalidade da música e a súa relación con outras artes cobra protagonismo.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
A música contemporánea é un campo en transformación constante, as novas ideas xeran novas formas musicais que precisan novas ferramentas e iso será o que amosarán ao público estas Xornadas de Música Contemporánea que se enriquecen con achegas xurdidas en Galicia (que nos últimos anos se converteu nun activo referente neste eido coa creación de novos conxuntos especializados na música contemporánea) como as de Vertixe Sonora Ensemble, o Taller…
WOS é un encontro de caracter anual que defende una visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal pero cunha clara vocación multidisciplinar, promove, a partir dun contexto íntimo, a busca e difusión de novas propostas culturais.
O CGAC en colaboración coa USC presenta a sexta edición do ciclo Música e arte. Correspondencias sonoras. Un encontro entre a música e a arte do noso tempo no que teñen cabida todas as expresións creativas actuais. O obxectivo do proxecto é dar a coñecer as estéticas máis avanzadas, os compositores máis destacados do novo panorama musical e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música. Baixo o comisariado de Vertixe…
O CGAC participa na quinta edición das Xornadas de Música Contemporánea que, desde os anos noventa, teñen lugar na cidade de Santiago de Compostela co obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación no ámbito musical.
WOSINC é un encontro de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal pero cunha clara vocación multidisciplinar, promove, a partir dun contexto íntimo, a procura e difusión de novas propostas culturais.Música, artes visuais, cinema, artes escénicas, coloquios, conferencias e gastronomía danse cita do 7 ao 11 de setembro en dez espazos emblemáticos de Santiago de Compostela…
No bienio 2016-2018, o Teatro Real celebra o bicentenario da súa fundación e o vixésimo aniversario da súa reinauguración levando a ópera á rúa, con retransmisións de producións propias en institucións e centros culturais e artísticos de toda España, e en pantallas situadas en prazas, rúas e demais lugares públicos.
No mes de setembro comeza a segunda parte da edición de 2015 do ciclo Música e arte: correspondencias sonoras, un encontro entre a música e a arte do noso tempo cuxo obxectivo é dar a coñecer as últimas tendencias musicais e escénicas e os compositores máis relevantes do novo panorama musical. Con este fin, Vertixe Sonora encárgalle á actual xeración de compositores obras especificamente creadas a partir das exposicións do CGAC.
Na súa terceira edición, a feira de arte contemporánea Cuarto Público consolida o seu apoio á produción artística cunha nova convocatoria aberta de participación: o I Encontro de Performance Cuarto Público.
