Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

1 Xuño 2023 - 27 Xuño 2023

As Xornadas de Música Contemporánea están organizadas polo Auditorio de Galicia-Compostela Cultura, Concello de Santiago, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a Universidade de Santiago de Compostela e contan co apoio económico da Deputación da Coruña.

7 Xuño 2023 - 15 Xuño 2023

Plataforma. Festival de Artes Performativas naceu cunha vocación e un obxectivo que continúa sendo o mesmo: enriquecer a potencia cultural de Santiago de Compostela

24 Maio 2023
19:00 h

El punto impropio (O punto impropio, 2023) é un proxecto de Javier Martín que pon en diálogo o traballo coreográfico con investigacións sonoras e materiais visuais en tempo real: unha sorte de rexistro e composición auditiva [A], somática [S] e visual [V] que, en exercicio resonante, activa e resignifica a coreografía.

16 Setembro 2022 - 18 Setembro 2022

O congreso está organizado pola Universidade de Vigo e conta coa colaboración do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

9 Setembro 2022
16:30 h

Tras o "gran reinicio" provocado pola pandemia e o implícito shock colectivo, a sociedade tal e como a coñecemos achégase a unha recesión: valores degradados e ultra-mutables, extrema polarización, crise ideolóxica e de recursos, desfasamentos xeracionais, a integración masiva da intelixencia artificial no ámbito creativo e un problema compartido que tras 60 anos de invisibilidade que toca á nosa porta.

5 Agosto 2022
Horario: 20:00 horas

O CGAC colabora na 64.ª edición de Música en Compostela, un programa que fomenta a preservación, o coñecemento e a difusión do patrimonio musical español cun concerto que terá lugar o venres 5 de agosto ás 20:00 horas no auditorio do CGAC.

1 Xuño 2022 - 22 Xuño 2022

As Xornadas de Música Contemporánea teñen o obxectivo de promover e difundir as últimas tendencias e a innovación da música contemporánea, poñ

30 Setembro 2021 - 2 Outubro 2021

Fugas e Iterferencias. VI Congreso de arte de acción está organizado pola Universidade de Vigo e conta coa colaboración do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

O obxectivo fundamental do congreso centrarase na análise e reflexión sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica.

 

1 Setembro 2021 - 2 Setembro 2021

Desde este festival buscamos a dinamización e promoción da danza contemporánea nalgúns dos espacios máis representativos e fermosos da cidade. HerDanza é unha proposta diferente da que todos os públicos poderán gozar.