Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

30 Novembro 2022 - 3 Decembro 2022
De 18:30 a 20:30 h

As décadas dos cincuenta e sesenta son a idade de ouro das agrupacións fotográficas onde se desenvolvía toda a actividade fotográfica non profesional. Raniero Fernández era o presidente da máis activa delas, a Agrupación Fotográfica Gallega, mais as súas fotografías non acadaban importantes premios nos concursos porque non se axustaban á estética pictorialista imperante neles. Non obstante, o seu traballo ten hoxe un gran valor.

25 Novembro 2022
De 17:00 a 20:00 h

A Real Academia Galega de Belas Artes dedica o Día das Artes Galegas, 1 de abril de 2022, á figura do artista José Otero Abeledo, coñecido como Laxeiro.

15 Novembro 2022 - 18 Novembro 2022
De 17:00 a 20:00 h

Unha cidade é un organismo complexo. Persoas con culturas moi diferentes, espazos habitacionais ou públicos que cambiaron en varias épocas de uso, loitas políticas ou sociais que reflicten as súas tensións no urbanismo e na arquitectura, a historia natural do lugar, a historia do mundo e as influencias globais; todo iso dálle forma á cidade e á vida que a habita.

22 Outubro 2022 - 12 Novembro 2022
Sábados de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h

Debido á gran demanda e despois dun tempo marcado pola distancia, o programa Arte na aula retoma a formación presencial cun curso que xa se impartiu en liña en 2021: Os artistas contemporáneos como punto de partida de propostas didácticas.

8 Outubro 2022
16.00 h

Un ano máis o CGAC colabora co festival internacional de cinema Curtocircuíto na súa 19ª. edición.

O festival naceu en Santiago de Compostela no ano 2003 como unha iniciativa do concello da cidade coa intención de potenciar a creación cinematográfica no ámbito da curtametraxe.

28 Setembro 2022 - 30 Setembro 2022
19:00 h

A exposición Nalgures subliña a atención de Narelle Jubelin (Sidney, Australia, 1960) sobre aquelas realidades que a linealidade da historia oficial esquece. Con esa vontade, abraza as subalternidades duns e doutros contextos, propios e alleos, para revisar memorias que nos permitan definir a nosa actitude diante deses feitos.

22 Setembro 2022
Horario
18:30 h

O xoves 22 de setembro ás 18:30 horas terá lugar no auditorio do CGAC a presentación de Francesc Torres. Crebas, catálogo da exposición homónima inaugurada no CGAC en 2020, e o libro de memorias do artista La campana hermética, editado recentemente polo selo Catedral do grupo Enciclopèdia Catalana.

16 Setembro 2022 - 18 Setembro 2022

O congreso está organizado pola Universidade de Vigo e conta coa colaboración do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

9 Setembro 2022
16:30 h

Tras o "gran reinicio" provocado pola pandemia e o implícito shock colectivo, a sociedade tal e como a coñecemos achégase a unha recesión: valores degradados e ultra-mutables, extrema polarización, crise ideolóxica e de recursos, desfasamentos xeracionais, a integración masiva da intelixencia artificial no ámbito creativo e un problema compartido que tras 60 anos de invisibilidade que toca á nosa porta.