Desde este festival buscamos a dinamización e promoción da danza contemporánea nalgúns dos espacios máis representativos e fermosos da cidade. HerDanza é unha proposta diferente da que todos os públicos poderán gozar.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
Este verán retomamos os talleres didácticos dirixidos a nenos e nenas entre os 6 e os 11 anos.
O obxectivo deste programa é achegar o público infantil á arte contemporánea desde o lecer. Os participantes poderán adquirir ferramentas ou estratexias para a creación e reflexionar sobre o mundo que os rodea e experimentalo a través a arte.
(In)visibles e sonoras é o título da nova edición das Xornadas de Música Contemporánea, que se celebrarán do 1 ao 29 de xuño en el Auditorio de Galicia, Teatro Principal, CGAC e Praza das Praterías.
As xornadas están organizadas polo Concello de Santiago (Compostela Cultura), o CGAC, a USC, a Deputación da Coruña e o Consorcio da cidade.
Neste terceiro curso sobre as intrahistorias da arquitectura exporemos novos temas e profundaremos noutros xa tratados en edicións anteriores. Partiremos da arquitectura como eixe vertebrador para achegarnos transdisciplinarmente á arte, á cultura, á política, á historia, á artesanía, á economía, á estética e á educación.
Este seminario achégase á lectura que dalgunha das obras mestras de Camilo José Cela fixo o cinema, á súa participación na historia do cinema español, a algunha noticia oportuna sobre "El hombre y el mar" e a esa fonte inesgotable de palabras e imaxes que é a revista "Papeles de Son Armadans", creada por Cela en abril de 1956.
Neste ano 2021 o CGAC colabora de novo na produccion da segunda edición do festival de artes performativas Plataforma que terá lugar entre o 26 de maio e o 5 de xuño.
Os talleres, que teñen lugar a última fin de semana de cada mes, desenvólvense baixo a dirección do arquitecto e educador Fermín Blanco co apoio do equipo didáctico do Sistema Lupo. O seu obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as ferramentas e as claves necesarias para interpretar a arquitectura do noso tempo a través das teorías, os proxectos e os traballos dos arquitectos e arquitectas máis importantes dos últimos tempos.
CGAC participa un ano máis na celebración do día internacional dos museos proposto polo ICOM que, baixo o lema “O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar”, invita os museos, os seus profesionais e as comunidades xurdidas arredor deles a crear, imaxinar e compartir.
En 2021 programamos actividades para diversos públicos vinculadas á música, ás artes audiovisuais, á arquitectura e ás exposicións.
Este ciclo de cinco gravacións e películas reúne unha serie de colaboracións coa escritora IONE, ademais da mezzosoprano e artista Loré Lixenberg e o compositor experimental Frédéric Acquaviva.
