Todos os domingos (excepto os que, por requirimentos de montaxe, non haxa exposicións), o público poderá achegarse ao CGAC para gozar das mostras expositivas acompañado por mediadoras especializadas en arte. Este servizo ten como finalidade estimular o interese pola creación artística contemporánea e facilitar a comunicación entre o espectador e as obras de arte.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
cgac.educacion@xunta.gal
cgac.pedagogia@xunta.gal
O número de prazas dispoñibles para participar nas actividades do CGAC poderá variar en función dos posibles cambios normativos relacionados coa COVID-19.
Ás 12:00 horas
O primeiro sábado de cada mes organizamos unha visita arredor da arquitectura e a historia do CGAC. Durante o transcurso destas visitas falarase do deseño de Álvaro Siza Vieira e da súa estreita relación formal e conceptual co parque de Bonaval e coa cidade que o acolle.
Dan Graham. Triangular Pavilion (1997). Instalación permanente na terraza do CGAC. O acceso ao espazo realizaranse baixo o supervisión do persoal do centro.
Nestas sesións didácticas realizaremos unha presentación con imaxes de diferentes obras de arte contemporáneas deténdonos na diversidade de soportes, materias, discursos, miradas e posibilidades expresivas e experimentais da arte actual. Combinaremos a mostra de imaxes con dinámicas creativas dirixidas ao alumnado.
Durante as sesións realizaremos unha presentación con imaxes dos diferentes espazos, montaxes e exposicións históricas do CGAC exemplificando a través dos múltiples soportes, miradas e discursos das obras da Colección CGAC os diversos xeitos de facer da arte actual.
O CGAC ofrece visitas guiadas gratuítas ás súas exposicións temporais de martes a venres de 11:00 a 13:00 horas. Este servizo ten como finalidade estimular o interese pola creación artística contemporánea e facilitar a comunicación entre o espectador e as obras de arte.
Cando o século XXI non se volvera aínda definitivamente anómalo, o cinema xa incubaba o xerme dunha indefinible estrañeza nos seus relatos alterados.
O congreso está organizado pola Universidade de Vigo e conta coa colaboración do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
O CGAC colabora na 64.ª edición de Música en Compostela, un programa que fomenta a preservación, o coñecemento e a difusión do patrimonio musical español cun concerto que terá lugar o venres 5 de agosto ás 20:00 horas no auditorio do CGAC.
Paxinación
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- Seguinte › Páxina Seguinte
- Último » Last page