Visitas didácticas on-line

VISITAS DIDÁCTICAS EN LIÑA.

01 Xaneiro 2021 - 30 Xuño 2022
CGAC
Coordinación:
Departamento de Actividades e Educación
Prazas:
The number of places available to participate in the activities of the CGAC may vary depending on possible regulatory changes related to COVID-19.
Duración:
60 minutos

VISITAS DIDÁCTICAS EN LIÑA UN ACHEGAMENTO Á ARTE CONTEMPORÁNEA: O CGAC E A SÚA COLECCIÓN.

Durante as sesións realizaremos unha presentación con imaxes dos diferentes espazos, montaxes e exposicións históricas do CGAC exemplificando a través dos múltiples soportes, miradas e discursos das obras da Colección CGAC os diversos xeitos de facer da arte actual.

Persoas destinatarias:

Cursos de ESO e Bacharelato

Inscrición:

A actividade é de balde e para participar é preciso que os centros interesados envíen unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal coa seguinte información: nome do centro educativo, curso ou idade dos participantes, día e hora en que desexan realizar a sesión, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto e mais o nome da persoa responsable.

Unha vez aceptada a solicitude os centros recibirán as indicacións precisas para accederen á sesión en liña.