Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

21 Maio 2018 - 25 Maio 2018

Desde hai dúas décadas Claudio Zulian desenvolve un intenso labor de creación e reflexión arredor da cuestión do territorio, entendido como aquela parte do mundo que experimentan de maneira concreta os grupos, as sociedades e os individuos. As súas instalacións visuais e sonoras, películas, fotografías, poemas, prosas e ensaios exploran a densidade e a complexidade dos territorios tal e como son producidos, definidos e vividos na…

28 Abril 2018

É posible empregar a arte contemporánea como un recurso transversal na aula? Trataremos de responder a esta pregunta ao longo deste taller teórico-práctico no que traballaremos con distintos procesos de creación empregados na arte contemporánea. A partir da exposición de Antoni Muntadas no CGAC, Estratexias do desprazamento, exploraremos algúns dos conceptos presentes no traballo deste artista para desenvolver actividades e procesos…

28 Decembro 2017 - 5 Xaneiro 2018

Durante as vacacións de nadal o CGAC acolle dous talleres dirixidos a nenos e nenas arredor da suxestiva exposición «Y», do artista Álvaro Negro. Unhas actividades dirixidas aos máis pequenos coas que poderán experimentar e explorar a arte contemporánea. Un tempo para coñecer e mergullarse nos procesos creativos a través das linguaxes, soportes, materiais, técnicas e conceptos propios da arte máis actual. Para os máis novos,…

4 Xullo 2017 - 28 Xullo 2017

Un ano máis o CGAC presenta unha oferta de talleres para o tempo de lecer que se desenvolverán ao longo do mes de xullo. Unha proposta chea de actividades dirixidas ao público de todas as idades co obxectivo de espertar a curiosidade e o interese polo contorno máis inmediato dando renda solta ás súas enerxías creativas.Este ano centrarémonos especialmente nos procesos de creación a través do audiovisual traballando con tabletas, cámaras de…

11 Xullo 2017 - 14 Xullo 2017

Con motivo da exposición Bañistas, ensaio visual de fotografía anónima atopada na que o comisario Xosé Manuel Buxán Bran recupera material fotográfico abandonado, o CGAC programa, no marco dos Talleres de Lecer, un taller de found footage dirixido por Javier Trigales.

28 Xaneiro 2017 - 25 Xuño 2017

O arquitecto Fermín Blanco, a través do equipo didáctico do Sistema Lupo, propón unha serie de talleres de arquitectura dirixidos ao público infantil. O obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as claves necesarias para interpretar a arquitectura contemporánea mediante o legado das figuras máis relevantes do noso tempo neste eido.

18 Febreiro 2017 - 18 Xuño 2017

O CGAC presenta un novo ciclo de talleres de experimentación artística dirixidos a familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 eos 9 anos. Os pequenos e pequenas poderán descubrir, crear e gozar en familia e achegarse xuntos ao fascinante universo da arte contemporánea. Nesta nova edición de Talleres para familas traballaremos a relación que existe entre o corpo e arte contemporánea. Coñeceremos as miradas de cinco artistas…

29 Marzo 2017

Con motivo do Día Internacional de Concienciación do Autismo (2 de abril) e do Día das Artes Galegas (1 de abril), o CGAC programa varios talleres en colaboración con Aspanaes (Asociación de Pais dePersoas con Trastorno do Espectro Autista).

28 Decembro 2016 - 4 Xaneiro 2017

Este Nadal o CGAC prepárase para acoller dous talleres dirixidos a nenos e nenas de entre 4 e 9 anos arredor das suxestivas exposicións das artistas Eva Lootz e Berta Cáccamo.