Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

17 Abril 2015 - 25 Abril 2015

O primeiro día de colexio ensínannos a xuntar as consoantes coas vogais, ensínannos a interpretar e máis tarde a asociar esta aprendizaxe co mundo que nos rodea. Ao abrir un libro podemos interpretar páxina a páxina sen necesidade de ter diante cada un dos obxectos, imaxes e situacións necesarios para poder recrear a narración.

22 Decembro 2014 - 30 Decembro 2014

Este Nadal o CGAC presenta dous talleres impartidos polos artistas Xesús Carballido e Rebeca Mariño dirixidos a nenos e nenas de entre 4 e 9 anos.Nesta edición, os participantes poderán reflexionar sobre a importancia da arte para comprender o mundo que os rodea a partir das mostras de Carlos León e Rosendo Cid e da súa vinculación co obxecto artístico.

15 Xullo 2014 - 8 Agosto 2014

Xa chegou o verán e con el unha nova edición dos talleres de lecer no CGAC. As actividades que imos desenvolver este ano propoñen un achegamento, baseado na experimentación, ás diferentes manifestacións artísticas contemporáneas. Cada proposta está pensada para que as persoas participantes afonden na creación contemporánea e gocen con ela, vivíndoa. Coñecer a linguaxe e as múltiplas ferramentas que se poden empregar na arte…

14 Xuño 2014 - 15 Xuño 2014

Até o vindeiro 15 de xuño, o CGAC acolle a exposición 100 anos con Alejandro de la Sota, na que se reflexiona sobre a figura, a obra e a actualidade do legado deste mestre da arquitectura contemporánea española. A exposición reúne debuxos, bosquexos, fotografías das obras e abundante material biográfico, ademais de maquetas e mobles deseñados polo propio artista.

8 Abril 2014 - 10 Abril 2014

O taller que propoñemos non pretende atender a cuestións sexuais, senón a aquelas categorías nas que a sociedade e a sexualidade atoparon lugares para afianzarse como imaxes de perpetuidade. Reconstruíndo ou reinterpretando a cita de McLuhan, poderiamos dicir que a sexualidade sería a mensaxe.

26 Decembro 2013 - 3 Xaneiro 2014

Coa chegada do nadal o CGAC presenta a súa proposta acostumada de actividades para nenos e nenas de 4 a 9 anos, que terán a oportunidade de vivir e explorar a arte contemporánea da man de artistas e doutros profesionais do mundo da cultura.

27 Decembro 2012 - 21 Decembro 2013

Coa chegada do Nadal, o CGAC propón varios talleres de creación artística para nenas e nenos de 6 a 9 anos, nos que poderán explorar e experimentar a natureza a partir da exposición do artista Fernando Casás, o agora xa foi e o denantes será. A artista e educadora Paula Pellón, guiará os grupos na busca de expresións persoais e procesos artísticos coa natureza como inspiración, material de traballo e marco de acción.

9 Xullo 2013 - 8 Xaneiro 2013

Un verán máis, o CGAC programa os seus talleres de lecer nos meses de xullo e agosto. O obxectivo é que os nenos e nenas reflexionen sobre a importancia da arte para comprender o mundo que os rodea e que teñan a oportunidade de se implicar nos procesos creativos da man de artistas e profesionais de diferentes disciplinas culturais. Xogar, coñecer, comunicarse e experimentar cos múltiples soportes, linguaxes, técnicas e conceptos da arte máis…

10 Xullo 2012 - 21 Decembro 2012

Como cada ano, o CGAC organiza unha nova edición dos talleres de lecer nos meses de xullo e agosto, con propostas de creación inspiradas nas exposicións que vai acoller o centro durante o verán. Os talleres terán unha duración de catro días durante os cales os asistentes poderán reflexionar sobre a importancia da arte para comprender o mundo arredor e han ter a oportunidade de se implicar nos procesos creativos da man dos propios artistas, de…