Dirixido por Ángel Faraldo Con esta iniciativa preténdese formar un grupo de creación dixital colectiva no que se reúnan compositores, instrumentistas, artistas sonoros e/ou visuais, e persoas interesadas no eido da música contemporánea na súa máis ampla acepción. O contorno de programación musical Pure Data (Pd) servirá como base para presentar e explorar unha serie de técnicas e ferramentas para a creación de música electrónica experimental…
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
O corpo transparente é un taller de creación artística que, tomando como punto de partida o traballo desenvolvido pola artista donostiarra Esther Ferrer e as súas reflexións acerca da performance, ten como obxectivo fundamental compartir un tempo de experiencia creativa baseado na importancia do presente e na natureza comunicativa das prácticas performativas.
SANTIAGO DE LESTE A OESTE: CADERNO DE VIAXE 29 xuño O obxecto deste taller é sacar a creatividade que levamos dentro. Para iso, valerémonos do debuxo como instrumento de linguaxe porque o realmente importante é que os nosos debuxos falen por nós. Que a liña substitúa a letra. O que imos pór en práctica é unha actitude, máis que o desenvolvemento dunha aptitude. Consiste en deixar a mente en branco, non pensar, abrir todos os poros da…
SEN MOVERTE DO SOFÁ O CGAC presenta o proxecto Sen moverte do sofá (proxecto orixinal de Arquitectives). Unha serie de talleres de arquitectura que pretenden dar a coñecer aos participantes diferentes cidades coa axuda doutros compañeiros do territorio español que, coma eles, forman parte do traballo. A través de conexións virtuais, os aprendices de arquitectura, investigan e intercambian información sobre os parecidos e as diferenzas entre…
O CGAC inicia unha nova convocatoria dos talleres de nadal, unha actividade xa clásica na programación do centro durante os meses de decembro e xaneiro. A oferta inclúe dous obradoiros que, centrados na fotografía e a arquitectura, procuran público de entre 7 e 12 anos.
Como todos os anos o CGAC presenta a súa oferta de talleres para nenos e nenas durante o verán, nesta ocasión organizados para o mes de xullo. Con eles invitamos os pequenos a participaren en diversas experiencias artísticas en relación coa arte contemporánea, que é moito máis que simple visualización, polo que traballarán con sensacións, estímulos e reflexións culturais, buscando as súas propias formas de expresión, dirixidos por dúas…
As conversas colectivas son accións que buscan integrar a escritura e a súa emisión sonora a través da voz e da fala, en relación cos distintos niveis discursivos que están presentes na obra de arte contemporánea. Construídas sempre en grupo, de maneira multivocal e polifónica, e buscando actuar no campo de emisión rítmica da instalación presente no espazo expositivo —xunto aos diagramas e os obxectos—, as conversas colectivas desenvólvense…
“Convido a todos os estudantes a desenvolver ideas e a poñelas en práctica, antes de que sexa tarde”. Miguel Palma O taller comezará cunha visita á mostra que acolle o CGAC, Miguel Palma. Desconforto moderno, en compañía do propio artista. Logo de percorrer as salas de exposición, propiciarase unha conversa arredor de diversos conceptos e puntos de vista sobre a arte contemporánea. Os participantes poderán facer a súa propia peza artística —…
O CGAC continúa a desenvolver o proxecto Sen moverte do sofá (idea orixinal de Arquitectives), un ciclo de talleres de arquitectura que pretenden dar a coñecer aos asistentes diferentes cidades coa axuda doutros compañeiros do territorio español que, coma eles, participan no proxecto.
