Christian Villamide reflexiona no seu traballo sobre a construción da paisaxe, a idea de territorio e a especulación ou mercantilización dos espazos naturais.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
Este verán retomamos os talleres didácticos dirixidos a nenos e nenas entre os 6 e os 11 anos.
O obxectivo deste programa é achegar o público infantil á arte contemporánea desde o lecer. Os participantes poderán adquirir ferramentas ou estratexias para a creación e reflexionar sobre o mundo que os rodea e experimentalo a través a arte.
Os talleres, que teñen lugar a última fin de semana de cada mes, desenvólvense baixo a dirección do arquitecto e educador Fermín Blanco co apoio do equipo didáctico do Sistema Lupo. O seu obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as ferramentas e as claves necesarias para interpretar a arquitectura do noso tempo a través das teorías, os proxectos e os traballos dos arquitectos e arquitectas máis importantes dos últimos tempos.
O obradoiro de escoita profunda, impartido pola compositora Jane Rigler, terá lugar en formato de seminario web na plataforma Zoom os días 18 e 19 de maio co mesmo contido para dous grupos diferentes.
Trátase dun taller de iniciación na reprografía Riso, que ten como fundamento a aprendizaxe e o manipulado dunha máquina de risografía. Este proceso de impresión utiliza como principio elemental a transferencia de tinta a través dun stencil ao xeito dun mimeógrafo. Trátase dun proceso de impresión que, a diferenza doutras técnicas como o offset, non xera residuos de tinta, nin fixadores, nin placas de aluminio desbotables.
O artista propón unha experiencia de creación a partir de materiais atopados no espazo público cunha premisa: realizar obras usando apenas materiais atopados no espazo público. Xa que logo, non se poderán utilizar materiais comprados nin achegados con anterioridade ao comezo do taller, nin materiais auxiliares, nin ferramentas, máis alá do que se atope na rúa.
O CGAC presenta a quinta edicion deste ciclo de talleres dedicado á arquitectura contemporánea e dirixido ao público infantil. Este ano pecharemos de novo o programa cun obradoiro dirixido ás familias. Os talleres, que teñen lugar a última fin de semana de cada mes, desenvólvense baixo a dirección do arquitecto Fermín Blanco co apoio do equipo didáctico do Sistema Lupo. O seu obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as…
Continuaremos a viaxe polo mundo indagando sobre diferentes culturas e xeitos de facer. Nesta ocasión pulsaremos o botón de parada na Arxentina, onde baixaremos para explorar o traballo de cinco artistas cuxas miradas, intereses e recursos artísticos nos darán pistas para experimentar e crear xogando co espazo, a percepción e as cores, a proporción, a distorsión, a ambientación e a ilusión sensorial.
Este taller non ten título. Será un taller baseado na experiencia do artista, que non falará de teoría senón das cousas que aprendeu no seu percorrido profesional.
