Horario: de 10:00 a 14:00 h O taller de artista concibido por Elo Vega e Rogelio López Cuenca para o CGAC consiste nunha relectura crítica do xeito en que se pode construír a percepción do fenómeno migratorio a partir das prácticas artísticas contemporáneas. A través dunha serie de casos concretos, os artistas propóñennos analizar diversas estratexias aplicadas en proxectos de intervención artística relacionados co tema da exposición We…
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
Os rapaces e rapazas que participen nestes talleres de lecer poderán experimentar e coñecer algunhas das claves da arte contemporánea, adquirir ferramentas para a creación, estratexias artísticas, reflexionar sobre a arte e, sobre todo, gozar co proceso. As educadoras Candela Rajal e Lara Torres dirixirán tres talleres plásticos a partir da exposición Pouco a pouco, de Ângela Ferreira, e da mostra colectiva We Refugees.
O CGAC presenta a cuarta edición deste ciclo de talleres dedicado á arquitectura contemporánea para o público infantil. Este ano, ademais, pecharemos o programa cun taller dirixido ás familias.
Comezamos o 2019 cunha nova edición de Talleres para familias no CGAC. Os nenos e nenas de entre 4 e 9 anos están convidados a vir con dous dos seus familiares a participar nesta actividade que ten lugar a terceira fin de semana de cada mes.
O taller consiste en repetir unha serie de obras de arte para poder vivir experiencias que só o autor viviu e que nos son vedadas aos demais artistas polo respecto á autoría, por aquilo de que xa se fixeron unha vez. Os traballos son sinxelos en canto á súa factura, simples na súa estrutura e baratos.
Chega o verán e con el os nosos talleres para o tempo de lecer. Nesta edición, o CGAC programa talleres destinados desde ao público máis novo ata ao público adulto.
O CGAC propón un ano máis un ciclo de talleres dedicados á arquitectura contemporánea para público infantil. Os talleres estarán dirixidos polo arquitecto Fermín Blanco e impartidos polo equipo didáctico do Sistema Lupo. O seu obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as ferramentas e as claves necesarias para interpretar a arquitectura do noso tempo a través das teorías, os proxectos e os traballos dos arquitectos e arquitectas máis…
Un ano máis, O CGAC organiza un ciclo de talleres sobre arte contemporánea para familias. Pais, nais, tías, tíos, avoas, avós... poden gozar cos máis pequenos investigando e experimentando coa arte en sesións prácticas de creación. Os nenos e nenas de entre 4 e 9 anos están convidados a vir con dous dos seus familiares a participar nesta actividade que ten lugar a terceira fin de semana de cada mes. Esta edición estará dedicada á arte…
A relación que establezo a través da miña obra co espazo urbano e público parte máis dun interese por desenvolver unha linguaxe ca dunha inclinación cara á cidade en si mesma. O desenvolvemento das miñas propostas sobre urbanismo e arquitectura xorde dun vínculo moi estreito coas rúas da Habana, e non dunha predilección polo urbanismo como fenómeno conceptual.
