O CGAC continúa a desenvolver o proxecto Sen moverte do sofá (idea orixinal de Arquitectives), un ciclo de talleres de arquitectura que pretende dar a coñecer aos asistentes diferentes cidades coa axuda doutros compañeiros do territorio español que, coma eles, participan no proxecto.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
Este venres, 25 de xaneiro, entre as 11 e as 13.30 horas celebraremos un taller experimental de arquitectura en colaboración co COAG (Colexio de Arquitectos de Galicia) e Asociación de Pais de Persoas con Transtorno de Espectro Autista.
Na véspera do Samaín, o artista madrileño Jack Mircala chega ao Centro Galego de Arte Contemporánea cargado coas súas cartolinas, lapis de cores, pegamentos, tesoiras e cutters, e disposto a desvelar os segredos que o converteron nun dos ilustradores máis orixinais do panorama español. O CGAC exhibirá asemade Baixada a Esquela, unha mostra das pequenas pezas tridimensionais que forman parte do proceso de creación deste artista. Caixas nas que…
Paxinación
- « Primeiro First page
- ‹ Anterior Páxina anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
