Unha cidade é un organismo complexo. Persoas con culturas moi diferentes, espazos habitacionais ou públicos que cambiaron en varias épocas de uso, loitas políticas ou sociais que reflicten as súas tensións no urbanismo e na arquitectura, a historia natural do lugar, a historia do mundo e as influencias globais; todo iso dálle forma á cidade e á vida que a habita.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
Este verán, os Talleres de lecer serán un observatorio do corpo para os nenos e as nenas.
Exploraremos unha exposición do CGAC por cada franxa de idade, ao longo de catro días cada unha, da man da creadora escénica e escritora Helena Salgueiro. Centrarémonos no corpo e en como este, mediante a arte e a linguaxe, nos axuda a observar e a descubrir cousas acerca de nós mesmos e tamén acerca dos demais.
Durante os seus procesos de traballo, Narelle Jubelin vai definindo a súas obras a partir da pescuda e da análise dos contextos que encadran os seus proxectos, trátase de referentes obxectuais ou literarios concretos dentro do contexto galego que vincula con outras cartografías e referencias propias.
O CGAC presenta a sétima edición deste ciclo de talleres dedicado á arquitectura contemporánea para o público infantil.
Volvemos cunha nova edición dos talleres para familias no CGAC e continuamos o percorrido polo mundo a través da arte e das culturas de distintos países.
Durante as vacacións do Nadal, o CGAC acolle dous talleres dirixidos a nenos e nenas arredor da suxestiva exposición Camiños II.
Christian Villamide reflexiona no seu traballo sobre a construción da paisaxe, a idea de territorio e a especulación ou mercantilización dos espazos naturais.
Este verán retomamos os talleres didácticos dirixidos a nenos e nenas entre os 6 e os 11 anos.
O obxectivo deste programa é achegar o público infantil á arte contemporánea desde o lecer. Os participantes poderán adquirir ferramentas ou estratexias para a creación e reflexionar sobre o mundo que os rodea e experimentalo a través a arte.
Os talleres, que teñen lugar a última fin de semana de cada mes, desenvólvense baixo a dirección do arquitecto e educador Fermín Blanco co apoio do equipo didáctico do Sistema Lupo. O seu obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as ferramentas e as claves necesarias para interpretar a arquitectura do noso tempo a través das teorías, os proxectos e os traballos dos arquitectos e arquitectas máis importantes dos últimos tempos.
