Continuaremos a viaxe polo mundo indagando sobre diferentes culturas e xeitos de facer. Nesta ocasión pulsaremos o botón de parada na Arxentina, onde baixaremos para explorar o traballo de cinco artistas cuxas miradas, intereses e recursos artísticos nos darán pistas para experimentar e crear xogando co espazo, a percepción e as cores, a proporción, a distorsión, a ambientación e a ilusión sensorial.
- Inicio
- Busca
Busca
O vindeiro martes 22 de outubro de 9:00 a 14:00 horas o auditorio do CGAC acollerá unha xornada organizada pola Federación Autismo Galicia para reflexionar acerca das relacións entre autismo e cultura e promover a integración das persoas con trastornos do espectro do autismo (TEA) no ámbito da cultura.
Alegacións a medida persegue o serpeante percorrido social, económico e cultural do século XX en Occidente a través da evolución da vestimenta. A moda, en estreita relación coa arte, a música e o cinema ao longo do século, é manifesto fiel da historia do seu tempo.
Este Nadal realizaremos catro talleres arredor de dúas das exposicións que temos en curso. Achegarémonos á arte contemporánea desde o lecer, mergullándonos nos procesos creativos a través das múltiples linguaxes, soportes, materiais, técnicas e conceptos da arte máis actual.Visitaremos a mostra do artista Jesús Madriñán, que traslada ao museo a súa experiencia no Camiño de Santiago a través dos retratos das xentes que foi atopando durante a viaxe. Estes retratos servirannos para desenvolver un taller didáctico sobre as múltiples posibilidades deste xénero.Pasearemos xunto ás obras do artista Pedro Cabrita Reis para gozar dos seus obxectos atopados, da idea da construción a partir da destrución e das súas intervencións no espazo.
A exposición Cómo nos miran reúne fondos da colección permanente do CGAC e a colección Fundación ARCO. Con obras que abranguen un período de case trinta anos -de 1970 a 2007- e con autores de xeracións e xeografías distintas, a mostra incide sobre os modos nos que a (auto)representación se manifesta como proceso de cuestionamento de convencións historicamente construídas.
O CGAC desexa continuar cos actos de celebración do 25 aniversario da institución, dándolle cabida a unha das iniciativas máis celebradas e estrañadas. O Departamento de Música, fundado por Manuel Rodeiro entre 1994 e 1995, erixiuse en poucos anos nunha plataforma activa e nun modelo de xestión que conseguiu xuntar a innovación e a esixencia artística cun interese do público sen precedentes. Por este motivo volvéuselle pedir ao seu responsable que coordinase unha serie de actividades para revivir en dúas intensas xornadas o espírito daquela aventura e renderlles unha homenaxe ás persoas e impulsos que a fixeron posible.
Ágnes Mócsy, física teórica húngara-estadounidense e membro da American Physical Society, é profesoravisitante no Departamento de Física da Universidade de Yale e catedrática no Instituto Pratt de Brooklyn, en Nova York.
Comezamos o ano cunha nova edición do Filocafé na cafetería do CGAC. O primeiro domingo de cada mes (excepto se cadra cunha ponte), desde xaneiro ata maio, o CGAC, en colaboración coa Asociación Galega da Crítica, ofrece novos encontros para filosofar e gozar dun café diante dunha obra de arte. Os filocafés no CGAC son conversas públicas nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde calquera área ou nivel de coñecemento. As sesións estarán dirixidas por profesionais de diversos ámbitos disciplinarios, como o dramaturgo Quico Cadaval, a antropóloga Beatriz Busto Miramontes, a filóloga Manuela Palacios González, o autor Antón Lopo e o divulgador de arte Miguel Ángel Cajigal Vera (coñecido en Twitter como El Barroquista). Unha vez ao mes, retiramos unha obra de arte da Colección CGAC dos almacéns do museo para que nos acompañe e propicieun debate sobre ela. A peza elixida funciona como motor dearranque para unha conversa. Pero non imos falar de arte, ou nonsó de arte, senón de calquera cuestión que suxira a obra no ámbito temático, conceptual, formal ou anecdótico. Poderase falar deciencia, gastronomía, política, música, filosofía, cine, estética, actualidade... de asuntos mundanos ou elevados, de xeito que todasas persoas que o desexen poidan opinar e achegar as súas reflexións sobre os temas que vaian xurdindo de xeito espontáneo.
Despois dun primeiro ciclo de cursos dedicados á aprendizaxe globalizada da lingua, as matemáticas e o coñecemento do medio natural a través da plástica, incorpórase a este programa de educación artística un tema transversal presente en todas as etapas educativas: a identidade.Este eixe, de enorme importancia na arte contemporánea e na vida, permitiranos coñecer numerosos referentes creativos e investigar sobre o eu e o nós a través da experimentación visual e plástica.O nome, o corpo, a pegada, os obxectos e lugares, as relacións, a imaxe ou a acción serán o noso campo de xogo.Cunha metodoloxía dinámica e participativa, alternaremos o traballo coas obras de arte, as sesións de observación, reflexión e debate, e os obradoiros de creación.
O CGAC abre un novo programa de educación artística para a integración de persoas con diversidade funcional. O proxecto Aula diversa, dirixido pola xestora cultural e educadora Adriana Pazos Ottón, propón a arte contemporánea como ferramenta de inclusión social e o museo como espazo de aprendizaxe aberto ao encontro das diferenzas.Entre os meses de xaneiro e xuño de 2020 terán lugar unha serie de sesións abertas a colectivos ou persoas con diversidade funcional e ao público en xeral, que combinarán visitas guiadas e talleres creativos.O obxectivo é establecer accións integradoras que cren puntosde encontro entre colectivos e persoas diversas capaces deachegar coñecementos e experiencias desde perspectivas múltiplese xerar un espazo físico, conceptual e social común.
Do 10 ao 18 de febreiro de 2020, o Centro Galego de Arte Contemporánea acollerá a segunda edición da Maratón Internacional de Creación de Curtometraxes, unha cita anual que forma parte dun movemento presente en máis de oitenta cidades dos cinco continentes.
Acceso online para os participantes xa inscritos, a través da plataforma Zoom. Horario: mércores de 19:00 a 20:30 h A segunda edición do curso Intrahistorias da arquitectura continuará tratando áreas transversais a esta disciplina. Trataremos temas como a innovación, os arquitectos inventores, a educación a través do xogo de construción, a bioconstrución, as ricas relacións entre a arquitectura e o deseño ou a arquitectura e a arte, así como as relacións entre o arquitecto e o cliente. Falaremos de comunidades e dos mestres da arquitectura, deixando sempre un oco para os pioneiros.
A compoñente teórica das propostas dos artistas participantes neste ciclo é reflexionar sobre como non se relacionar co outro ou a outra? é dicir, comoas persoas aprendemos a interactuar entre nose, sobre todo, co medio ambiente.
Este taller non ten título. Será un taller baseado na experiencia do artista, que non falará de teoría senón das cousas que aprendeu no seu percorrido profesional.
O termo ópera pode evocar unha arte destinada ao mundo burgués, ou cando menos, allea ás inquedanzas propias do século XXI, coas súas controvertidas e poliédricas visións da arte e do ser humano.
En colaboración coa USC (Universidade de Santiago de Compostela), o CGAC presenta unha exposición na Igrexa da Compañía cunha serie de obras da Colección Fundación ARCO, Colección IFEMA e Colección permanente CGAC. A obra Mystique de Carles Congost abre esta exposición que pretende dialogar coa igrexa, a través dunha serie de obras de arte contemporánea que nos levan a ese concepto tanto relixioso como filosófico e literario que é o místico: experiencia moi difícil de acadar na que se chega ao grao máximo de unión da alma humana co Sagrado.
Presentación do libro Christian Villamide. In Landscape Mode.
Por cada película que chega ver a luz son moitas as que permanecen no limbo do infilmado. Estas últimas son as únicas películas perfectas porque só existen en potencia, como idea ou como soño, e non sufriron o choque co real. En cambio, as que si chegaron a existir serán sempre e necesariamente imperfectas, un catálogo de compromisos e renuncias e, quizais, dalgúns felices encontros. “Todo é posible a condición de ser o suficientemente insensato”, dixo Orson Welles; pero, como el mesmo descubriría, tal optimismo non era máis ca o obstinado desexo dun rebelde inconformista.
Debido á crise da COVID19, a V edición de Fugas e Interferencias non se celebrará de xeito presencial nin en liña. Nesta quinta edición imos centrar todo o noso esforzo nunha publicación dos artigos que resulten seleccionados na chamada de traballos.
