Coñecín a Misha hai aproximadamente unha década e puiden desenvolver unha intensa conversa con el. Admiro tanto as súas producións coma a súa actitude, o ton hiperhumano das súas investigacións e a súa intuición sobre as cousas no mundo.
- Inicio
- Busca
Busca
Un ano máis, o CGAC e o barrio de San Pedro únense para celebrar as súas populares festas cunha interesante proposta de actividades. Con este motivo, o museo organiza sendos talleres de creación colaborativa deseñados para acoller un fluxo continuo de xente durante dúas horas. O público poderá rematar o seu traballo nun e tomar parte no outro.
O CGAC participa un ano máis na Semana da Ópera do Teatro Real de Madrid. Nesta ocasión, acollerá a retransmisión en directo de Romeo e Xulieta de Charles Gounod
Esta mostra reúne o proxecto realizado por Manolo Laguillo (Madrid, 1953) entre 2025 e 2026 a partir dunha encarga do CGAC para a súa incorporación á colección. O traballo documenta o impacto dos elementos construtivos urbanos, así como dos procesos industriais e económicos, na transformación da paisaxe galega.
WOS Festival x SON Estrella Galicia regresa a Santiago de Compostela do 11 ao 13 de setembro, transformando a cidade nun percorrido inmersivo polo son e a creación contemporánea.
A fotografía e outros medios veciños baseados en dispositivos ópticos de captación de imaxes fundamentaron o noso réxime de visualidade centrado no ollo e a cámara.
Neste curso mergullarémonos na posfotografía como campo estendido de prácticas, discursos e actitudes críticas cara á produción, a circulación e o consumo de imaxes na er
Sobre a arte do século XX (tamén sobre a do XXI) pesa un notable paradoxo: sendo o século máis impopular, é o máis popular dos séculos.
Na varanda é un programa educativo e de creación cuxo obxectivo é o encontro, o diálogo e o achegamento entre o museo e a veciñanza de Santiago de Compostela.
Vivimos nun momento no que a música está en todas as partes e, ao mesmo tempo, xa non se escoita. As plataformas dixitais fragmentaron a experiencia de escoita en pezas illadas, optimizadas para a atención breve e a reprodución continua. Club de escoita propón recuperar a escoita profunda como experiencia colectiva.
O modo de abordar a paisaxe, de representar o territorio ou de mirar aquilo que pensamos, encóntrase condicionado por unha gran trama cultural; e son de múltiple natureza os elementos que interveñen na súa construción física ou imaxinaria.
Comezamos o 2019 cunha nova edición de Talleres para familias no CGAC. Os nenos e nenas de entre 4 e 9 anos están convidados a vir con dous dos seus familiares a participar nesta actividade que ten lugar a terceira fin de semana de cada mes.
A construción da imaxe videográfica en Galicia desde os anos oitenta do século XX ata hoxe resolve algúns aspectos de carácter creativo, ideolóxico, de compromiso e reivindicación social, e por suposto estéticos —por tanto, de cultura visual entroncada coa cultura individual e colectiva—.
Repetimos este ciclo de cursos prácticos para docentes que presenta a arte contemporánea como ferramenta de aprendizaxe na aula. O programa está estruturado ao redor de tres eixes de gran presenza na educación formal (as matemáticas, a narración e o coñecemento do contorno natural) e deseñado para explorar os límites entre áreas de coñecemento e convidar os educadores a experimentar e aprender antes de levar as súas propostas á aula.
Compostela Conversa é un ciclo cultural que se inicia en 2017 na cidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de dar voz ao novo talento musical galego ao tempo que o conecta con artistas de outras disciplinas e xeografías, fomentando a reflexión sobre a escena actual. Nesta terceira edición, que se celebrará os día 15 e 16 de febreiro, o Concello de Compostela e o CGAC colaboran para reivindicar os 20 anos da celebración de Lost in Sound.
Os modelos discursivos aplicados á análise da arte van mudando ao mesmo tempo que as propias tendencias, coas achegas de investigadores que formulan novas propostas teóricas e metodolóxicas. Nestas xornadas pretendemos presentar algúns dos enfoques máis innovadores que se están a aplicar ao estudo do fenómeno artístico tanto desde a historia da arte como desde a estética.
O 18 de maio, Día Internacional dos Museos, celebrarase este ano baixo o lema Os museos como eixes culturais: o futuro da tradición. Nesta edición, o ICOM (Consello Internacional de Museos) propón subliñar os novos papeis que desempeñan os museos como axentes activos nas súas comunidades. Con este fin e ao longo da semana, o CGAC programa diferentes sesións de cinema, música, talleres didácticos e visitas guiadas que fomentarán a integración social e o achegamento da arte a todos os públicos.
